mércores, 28 de decembro de 2022

DECEMBRO: NADAL NO CHAMOSO

NADAL NO CHAMOSO 

O Nadal chegou á nosa biblioteca en distintas versións:

- presentación de NOVIDADES PARA NADAL, gran variedade de lecturas en galego, castelá, banda deseñada, ... entre outros.
- a nosa compañeira fixo as súas recomendacións tanto na sala de profes O RECUNCHO DE REME (lecturas para adultos) como nas nosas redes sociais REME EN REDES (lecturas para alumnos da ESO, Bacharelato e Ciclos, familias e demais membros da comunidade educativa).
- Obradoiro de AGASALLOS: recreos para aprender a crear e diseñar pulseiras.
- DECORACIÓN: na nosa biblio loce unha árbore feita en madeira por un compañeiro adornada con bolas personalizadas cos nomes de autores, grazas aos alumnos e ao equipo polo traballo feito.

 Aquí vos deixamos as imaxes:  



O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESÉXAVOS BOAS FESTAS             

Ningún comentario:

Publicar un comentario