MUNDIAL CHAMOSO 2022
XOGAMOS POLOS DEREITOS
Este ano para conmemorar o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS, dende a Biblioteca e co gallo da celebración do mundial de fútbol nun país cheo de inxustizas, quixemos levar a cabo esta actividade durante todo este mes ata o día do gran evento. O proceso foi o seguinte:
- creación de BANDEIRAS e DORSAIS onde os países foron substituidos por dereitos en cada un dos grupos da ESO e coas cores da bandeira da diversidade.- EXPOSICIÓN de equipos e normas tanto no taboleiro como na biblioteca feita polo alumnado de francés de primeiro de bacharelato.- procedemento de CREACIÓN E ETIQUETADO PERSONALIZADO das augas que se repartirán aos xogadores.- DECORACIÓN do PAVILLÓN por parte dos alumnos e profes de actividades escolares.- PREPARACIÓN DOS CAMPOS: porterías, redes, ....por parte dos profes de educación física.- HIMNO DOS DEREITOS: preparado e interpretado polos alumnos de música xunto co seu profesor para a inauguración do mundial antes do desfile.
GRAZAS (alumnos, titores e demais compañeiros) POR COLABORAR NESTE GRAN RETO
Ningún comentario:
Publicar un comentario