venres, 19 de xuño de 2020

XUÑO: MEDIO AMBIENTE


E rematamos este tan extraño curso 2019-2020 cos últimos carteis que nos chegaron cos vosos eslogans sobre a BIODIVERSIDADE

Claudia e Anne de 2º A prepararon este fermoso cartel

Manuel Panadeiros de 2º A fainos esta proposta de cartel
Os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bac de Adultos, fixeron un poster de unha especie endemica de Galicia cun eslogan sobre a importancia da Biodiversidade
Armando Montero nos ensina a herba becerra
Este é o poster de Marian Romero




domingo, 14 de xuño de 2020

XUÑO: MEDIO AMBIENTE


Xa sabedes que este  ano o día mundial do Medio Ambiente vai dedicado a BIODIVERSIDADE. 

 No seu  mantemento é fundamental coidar e protexer as especies características e propias de cada zona,  endémicas,  e para logralo o primeiro paso e coñecelas. Por eso os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bac prepararon fichas sobre algunhas  das especies endémicas de Galicia que podedes ver no seguinte vídeo


Moitas grazas  a todos os alumnos participantes, e a sua profesora Olga

martes, 9 de xuño de 2020

XUÑO: MEDIO AMBIENTE e ODS


Nos seguintes vídeos os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía  de 4º da ESO, nos explican que son e que debemos facer para acadar os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.




Prestade moita atención, porque de nos depende o mundo no que queremos vivir.

Moitas grazas aos rapaces é a sua profesora Olga


venres, 5 de xuño de 2020

5 DE XUÑO. DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Hoxe é o día Mundial do Medio Ambiente e queremos compartir con todos vós os carteis co eslogan adicado a BIODIVERSIDADE, que xa nos chegaron:
Este é o proposto por Samuel Banga de 1ºA

Aquí tedes o traballo de Elisabeth Rodríguez de 3º B
Este é o cartel que nos presenta Uxía Lorenzo de 2ºA
                                                                                          




Aquí vedes a idea de Adrián Bernárdez de 1º B

Ademais da xa presentada dos ODS,  temos  outras dúas actividades que se están a desenvolver no centro por parte do departamento de Bioloxía:

O alumnado de 4º ESO da materia de Cultura Científica, elaborou un glosario de termos con vocabulario relacionado co Medio Ambiente e xa temos aquí o resultado en forma de vídeo:


 

Por último, o alumnado de 1º BACH  da materia de Bioloxía e  Xeoloxía  vai  facer unhas fichas con especies endémicas de Galicia... Neste mes agardamos ensinarvos o seu traballo.

Moitísimas grazas a todos pola vosa participación!

mércores, 3 de xuño de 2020

XUÑO: MEDIO AMBIENTE e DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE


Sabes que son os  ODS da Axenda 2030?


O 25 de setembro de 2015, 193 países comprometímonos cos 17 OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE das Nacións Unidas e o seu cumprimiento para o ano 2030.
Estes obxectivos persiguen a igualdade entre PERSOAS, protexer o PLANETA e asegurar a PROSPERIDADE, como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sustentable. 




As bibliotecas escolares están comprometidas coa Axenda 2030, xa que traballan a prol dunha educación de calidade (Obxectivo 4), na protección e salvagarda do patrimonio cultural (Obxectivo 11) e promoven a inclusión do acceso á información e ás tecnoloxías da información e comunicación (Obxectivos 5, 9, 16, 17).
Nas actividades dedicadas en Xuño ao Medio Ambiente, este ano, queremos facelo tamén  través dos ODS da Axenda 2030 xa que dentro destes Obxectivos, aproximadamente a metade teñen o seu foco en aspectos ambientais ou abordan a sostenibilidade dos recursos naturais. 
En concreto, cinco deles están directa e íntegramente ligados ao aspecto ambiental: os Obxectivos sobre auga limpa e saneamento, produción e consumo responsables, acción polo clima, a vida submarina e a vida de ecosistemas terrestres (6, 12, 13, 14 y 15).

Os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO e a sua profesora Olga, están elaborando unha actividade sobre os ODS.  O resultado o poderedes ver, como sempre, aquí, no Burato de Tobías!!!