25N NO CHAMOSO
Dúas semanas intensas en canto a actividades, foron as vividas polo noso centro:
- EXPOSICIÓN DE LECTURAS E DECORACIÓN: relacionadas coa temática.
-REME EN REDES: onde a nosa compañeira recomenda lecturas a todo tipo de alumnado, familias e demais membros da comunidade educativa seguindo a temática.
- SALAS 25N: o cinema tamén se suma con esta temática, cunha escolma de películas para uso persoal ou didáctico.
- LAZOS E LEMAS: traballo cos titores onde cada grupo elaborou o seu lazo e o seu lema.
- CHARLA 25N: Onde unha VÍTIMA narrou en primeira persoa o vivido aos noso alumnos de bacharelato e ciclos.
- CHANZOS DA IGUALDADE: xa teñen o seu espazo físico no centro.
- PANCARTA: "O comunicar abre a porta do cárcere no que vives CONTA CONNOSCO" situada no patio do instituto.
- ACTO DE TODO O CENTRO: lectura de lemas e exposición de lazos por grupos; teatro, música e acto no concello.
Aquí vos deixamos todo esto reflexado en imaxes.