luns, 16 de decembro de 2019

25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Dende a biblioteca, co gallo do Día Mundial contra a Violencia de Xénero,  propuxéronse actividades para sensiblizar ao alumnado. Foron feitas coa colaboración dos titores durante o mes de novembro.   Coas diferentes propostas e lemas para cada nivel os grupos decoraron as portas da sua aula

En 1º da ESO analizaron e debatiron sobre  unha canción, e decoraron a porta co lema #NonCales


 En 2º da ESO crearon un decálogo propio pola igualdade e contra a violencia que co lema #QuéroteSenViolencia incorporaron a sua decoración da porta.






  En 3º da ESO analizaron datos estatísticos de mortes e agresións por violencia de xénero no ano 2019 en España, asi coma noticias na prensa.  Baixo o lema  #NonSonCifrasSonVIDAS  engadiron gráficas ao engalanamento da sua porta.



 En 4º da ESO ,  analizaron algunhas campañas de anos anteriores de  distintos organismos e asociación, e elaboraron a sua propia, escollendo eles o lema.







Tamén se convidou o resto dos niveis educativos do I.E.S. ( BAC e CICLOS) e a o equipo docente e  directivo a que participaran de xeito libre na conmemoración da data e na decoración do Centro.











O día 25 de novembro houbo outros actos de  recordo as víctimas como os lazos morados ou ramos de flores e manifestacións. O Grupo de teatro coa profesora Clara, presentou no concello a sua obra acerca da problemática coa violencia machista.







mércores, 13 de novembro de 2019

BOLETIN DE NOVIDADES 1-SAMAIN

Xa temos o primeiro boletín do Curso 2019/2020. 

Nel podedes consultar os novos libros e as actividades feitas dende a Biblioteca



luns, 11 de novembro de 2019

NOVIDADES EN BOOKFLIX

A  biblioteca xa ten o seu panel de novidades!!
No noso Bookflix poderes coñecer o último de Novidades, Comics, Clásicos e Sagas.
Non deixedes de visitalo para escoller a vosa próxima lectura





luns, 28 de outubro de 2019

BIBLIOTECAS DO MUNDO

 Tamén para celebrar o Mes das Bibliotecas escolares convidámosvos a percorrer as mas fermosas do mundo







OUTUBRO: Mes das Bibliotecas Escolares

Co gallo do Día das Bibliotecas escolares os alumnos de 1º da ESO tiveron unha actividade de Busca do Tesouro para coñecer a Biblioteca.






O Samaín chega ao Chamoso

Animádevos a participar no Concurso de Relatos para o Samaín!!

BENVIDOS AO CURSO 2019-2020

Curso 2019-2020


Damos comenzo a un novo curso no IES Chamoso Lamas. A profesora Paula Castro será a nova coordinadora da Biblioteca.

No seguinte enlace pódese ver o Tríptico informativo sobre o funcionamento da biblioteca



luns, 17 de xuño de 2019

XUÑO - MES DO MEDIO AMBIENTE



BOLETÍN DE VERÁN

Estas son as novidades para este verán. Desfrútaas!!




PANEL NA ENTRADA DO INSTITUTO
Denunciamos o grave problema da contaminación que está a sufrir o Planeta Terra.



EXPOSICIÓNS


O noso Xardín: traballos de 3º ESO sobre medio ambiente.





Exposición sobre medio ambiente diante da biblioteca feita polos alumnos de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2º de BAC. 




Mural: le unha mensaxe do planeta terra, sobre cucuruchos de papel o alumnado de 2º da ESO deixa mensaxes sobre problemas do medio ambiente e contaminación.





Traballo-exposición: Problemas no medio ambiente. Nas escaleiras mensaxes sobre medio ambiente elaborado polo alumnado de 2º da ESO.




Pingas sobre problemas de medio ambiente, feito polo alumnado de 2º da ESO.




Manifestación no patio do instituto  en forma de planeta, de todo o centro escolar co lema: "coida o teu planeta é o único que tés", para denunciar os problemas do medio ambiente e lectura por rapaces/as de mensaxes dos problemas do medio.