mércores, 28 de decembro de 2022

DECEMBRO: NADAL NO CHAMOSO

NADAL NO CHAMOSO 

O Nadal chegou á nosa biblioteca en distintas versións:

- presentación de NOVIDADES PARA NADAL, gran variedade de lecturas en galego, castelá, banda deseñada, ... entre outros.
- a nosa compañeira fixo as súas recomendacións tanto na sala de profes O RECUNCHO DE REME (lecturas para adultos) como nas nosas redes sociais REME EN REDES (lecturas para alumnos da ESO, Bacharelato e Ciclos, familias e demais membros da comunidade educativa).
- Obradoiro de AGASALLOS: recreos para aprender a crear e diseñar pulseiras.
- DECORACIÓN: na nosa biblio loce unha árbore feita en madeira por un compañeiro adornada con bolas personalizadas cos nomes de autores, grazas aos alumnos e ao equipo polo traballo feito.

 Aquí vos deixamos as imaxes:  



O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESÉXAVOS BOAS FESTAS             

DECEMBRO: MUNDIAL DOS DEREITOS

MUNDIAL CHAMOSO 2022

XOGAMOS POLOS DEREITOS 


Este ano para conmemorar o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS, dende a Biblioteca e co gallo da celebración do mundial de fútbol nun país cheo de inxustizas, quixemos levar a cabo esta actividade durante todo este mes ata o día do gran evento. O proceso foi o seguinte:

- creación de BANDEIRAS e DORSAIS onde os países foron substituidos por dereitos en cada un dos grupos da ESO e coas cores da bandeira da diversidade. 
- EXPOSICIÓN de equipos e normas tanto no  taboleiro como na biblioteca feita polo alumnado de francés de primeiro de bacharelato. 
- procedemento de CREACIÓN E ETIQUETADO PERSONALIZADO das augas que se repartirán aos xogadores.
- DECORACIÓN do PAVILLÓN por parte dos alumnos e profes de actividades escolares. 
- PREPARACIÓN DOS CAMPOS: porterías, redes, ....por parte dos profes de educación física.
- HIMNO DOS DEREITOS: preparado e interpretado polos alumnos de música xunto co seu profesor  para a inauguración do mundial antes do desfile.  



GRAZAS (alumnos, titores e demais compañeiros) POR COLABORAR NESTE GRAN RETO

 
 

DECEMBRO: PRESENTACIÓN CLUBS DE LECTURA

PRESENTACIÓN

CLUBS DE LECTURA

Unha das actividades realizadas neste mes, foi a presentación dos clubs de lectura do Chamoso que destacan pola súa variedade de participantes (alumnos, familias, docentes,..) grazas á colaboración de distintos departamentos (Xeografía e Historia, Linguas Clásicas, Lingua e Literatura Castelá e Bioloxía e Xeoloxía, entre outros). Aquí vos deixamos un resumo 😉  




martes, 6 de decembro de 2022

25N NO CHAMOSO

Dúas semanas intensas en canto a actividades, foron as vividas polo noso centro:

- EXPOSICIÓN DE LECTURAS E DECORACIÓN: relacionadas coa temática.
-REME EN REDES: onde a nosa compañeira recomenda lecturas a todo tipo de alumnado, familias e demais membros da comunidade educativa seguindo a temática.
- SALAS 25N: o cinema tamén se suma con esta temática, cunha escolma de películas para uso persoal ou didáctico.
- LAZOS E LEMAS: traballo cos titores onde cada grupo elaborou o seu lazo e o seu lema.
- CHARLA 25N: Onde unha VÍTIMA narrou en primeira persoa o vivido aos noso alumnos de bacharelato e ciclos.
- CHANZOS DA IGUALDADE: xa teñen o seu espazo físico no centro.
- PANCARTA: "O comunicar abre a porta do cárcere no que vives CONTA CONNOSCO" situada no patio do instituto.
- ACTO DE TODO O CENTRO: lectura de lemas e exposición de lazos por grupos; teatro, música e acto no concello.

Aquí vos deixamos todo esto reflexado en imaxes.