No Chamoso xa estamos preparados para a celebración do Nadal. Para elo os alumnos, decoraron CDs con distintos motivos destas festas.
martes, 21 de decembro de 2021
NADAL e NOVIDADES
luns, 20 de decembro de 2021
DECEMBRO: Dereitos Humanos e Constitución
O mes comenza coas conmemoracións do aniversario da Constitución o dia 6 e do Día Mundial dos Dereitos humanos o día 10.
As voluntarias da Biblioteca prepararon o panel que loce na entrada do instituto.
venres, 26 de novembro de 2021
25 N Día contra a violencia de xénero
xoves, 11 de novembro de 2021
Novidades de Novembro
Neste mes temos novos exemplares de libros e comics, non volos perdades!!!
Ademáis bota a andar o Club de Lectura...
martes, 2 de novembro de 2021
SAMAÍN no Chamoso
Nesta semana o Instituto transformouse nun escenario de terror, para conmemorar o Samaín, grazas as voluntarias e equipo da biblio
venres, 29 de outubro de 2021
Volve a HORA DE LER
Este curso, a partir do 2 de novembro recuperamos a HORA DE LER . Serán 40 minutos ao día en horas que van variando cada semana. Desfrutádeos!!!
xoves, 28 de outubro de 2021
"A biblioteca escolar ten a palabra": Entrevista a José Manuel Mouriño
luns, 25 de outubro de 2021
24 de Outubro: Día das Bibliotecas Escolares
martes, 19 de outubro de 2021
15 de Outubro: Día das escritoras
Para conmemorar a data, a comunidades educativa do Chamoso fixo unha escolma e lectura de libros de escritoras "máis aló das fronteiras".
venres, 15 de outubro de 2021
Documental "José Ángel Valente. Escribir lugar" da man de José Manuel Mouriño
O vindeiro martes 19 de outubro, o director e guionista José Manuel Mouriño presentará o documental "José Ángel Valente. Escribir lugar" achegándolle este poeta ao alumnado de 2°de bacharelato.
A actividade está organizada polos departamentos de lingua castelá e galega, música e filosofía en coordinación coa biblioteca.
mércores, 13 de outubro de 2021
Busca do tesouro na Biblio
O alumnado de 1º de ESO, coa axuda das alumnas de Literatura Universal de 1º de BAC, protagonizaron unha busca do tesouro como actividade lúdica de formación de usuarios