venres, 29 de maio de 2020

XUÑO: MES DO MEDIO AMBIENTE



O 5 de xuño celébrase o día Mundial do Medio Ambiente. Dende a nosa Biblioteca sempre adicamos todo o mes de Xuño ao Medio Ambiente e propomos distintas actividades relacionadas con esta temática. Este ano, aínda que de unha forma diferente, queremos que tamén sexa así.


Este ano 2020, o día Mundial do Medio Ambiente está adicado á Biodiversidade e a sede que albergará as celebracións globais deste día é Colombia.  No seguinte vídeo podedes ver máis información:  https://youtu.be/Ls8wpOtH5SQ


Dende a Biblioteca Escolar propoñemos que creedes un cartel para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente.

Podedes facelo en soporte dixital ou papel, o cartel debe incluír:
·         O texto: 5 de xuño - Dia Mundial do Medio Ambiente
·         Debuxos ou imaxes orixinais e relacionadas co tema deste ano (Biodiversidade)
·         Opcional: Un lema inventado por vós


Enviade as vosas creacións ao correo: tobiasbiblioteca@gmail.com

Ademais, o departamento de Bioloxía do noso centro ten en marcha distintas actividades co alumnado e dende a Biblioteca Escolar axudaremos a súa organización, promoción e difusión na comunidade educativa, así que ...
Permanecede atentos as novas noticias do blog!!

xoves, 28 de maio de 2020

BOLETÍN 3-CONFINADOS


A pesar do confinamento, e grazas a todos vos, as actividades non pararon no Chamoso. Velaí as tedes, no terceiro boletín do curso, xunto con todas as novidades que nos esperan a volta.



luns, 25 de maio de 2020

VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O noso panel anual quedou no centro, sen poder actualizarse, pero non queremos e non debemos esquecer  continuar a nosa homenaxe as vítimas de violencia de xénero.
Así o deixamos no centro:


E, durante este confinamento, especialmente duro e compricado para as mulleres que tiveron que convivir cos seus maltratadores, temos que lamentar máis mortes…
  • Ester R.P. 40 anos. Ciudad Lineal (Madrid)
  • Concepción Fernández. 65 anos. Posadas (Córdoba)
  • Mónica Espinola. 37 anos. Villanueva de Castellón (Valencia)
  • Miren Uranda e Paula Méndez Uranda (filla). 56 e 24 anos. Bizkaia
  • Karina Andrés. 35 anos. Almassora (Castelló)
  • Encarnación. 78 anos. As Palmas de Gran Canaria


luns, 18 de maio de 2020

OS MAIOS: Ismael Santiago 2º ESO C


Hoxe presentámosvos o maio de Ismael Santiago Rodríguez, alumno de 2 de ESO C.

Moitas grazas Ismael


venres, 15 de maio de 2020

OS MAIOS: Ángel López 1º ESO B

E seguimos recibindo os maios dos alumnos. Este é de Ángel López de 1º de ESO B.

Mil grazas Ángel


mércores, 13 de maio de 2020

OS MAIOS: Hugo Pereira 2º ESO C

Chegaron as fotos dun novo Maio, de Hugo Pereira de 2º de ESO C. 

Moitas grazas por compartilo  Hugo



martes, 12 de maio de 2020

OS MAIOS: Manuel Panadeiros 2º A


Os rapaces do Chamoso seguen achegándonos fotos dos seus precioso Maios.

Hoxe son as de Manuel Panadeiros de 2º de ESO

Moitas grazas Manuel




sábado, 9 de maio de 2020

OS MAIOS. David Crespo 2ºC

O alumno David Crespo de 2º de ESO C nos presenta o seu grande e fermoso maio.

Moitas grazas pola tua colaboración David.


 Así preparou a estructura e parte da plantas utilizadas.



xoves, 7 de maio de 2020

OS MAIOS: Vera Diéguez 2ºC

Xa temos outra alumna que se animou  a facer e compartir connosco o seu orixinal Maio.

Moitas grazas Vera


martes, 5 de maio de 2020

OS MAIOS: Aroa González 2º A


Temos a primeira alumna participante nos Maios!

Aroa González Crespo de 2º A nos manda esta fermosura con tanto significado neste tempo de confinamento e nos explica como a fixo.

Mil grazas AROA!!

OS  MAIOS



       PASOS:
1           1. Dibuxei unha fiestra nunha cartolina azul claro semellando o ceo.

             2. Recortei.

             3. Recollín as flores e as peguei.

luns, 4 de maio de 2020

MAIO: Lecturas no Mes das Letras Galegas



Deixámosvos aquí un vídeo cun pequeno fragmento dun conto para pequenos e non tan pequenos. O conto  titúlase Frederick  e nolo presenta  a coordinadora da Biblioteca, Paula,




Se queredes ver máis vídeos dos vosos profes, os publicaremos nesta conta de Instagram (agradecemos enormemente a colaboración do noso excompañeiro Carlos Seco):
Entrade para velos, comentade e animádevos a participar coas vosas lecturas en galego!!

domingo, 3 de maio de 2020

Celebrando os MAIOS

OS MAIOS

Este ano o noso centro ía participar xunto con outros centros educativos da comarca nunha actividade relacionado cos maios…
E esta é outra actividade máis que debido o confinamento polo coronavirus, non foi posible levar  a cabo.
A profesora encargada da biblioteca Paula Castro, na sua casa, esta fin de semana fixo unha actividade en familia e “construíron” un maio en miniatura con materiais que tiñan no xardín e na casa. 
Aquí vos deixa algunas fotos de como o fixeron e o resultado final. Espera que vos guste!




E agora, dende a Biblioteca Escolar e coa colaboración doutros departamentos, propoñémosvos  as seguintes actividades:

     1. Para os de 1º e 2º ESO: Construir un maio caseiro, pode ser en familia ou de xeito individual, pode ser tradicional ou podedes facelo usando calqueira material que teñades por casa…
     2. Para os de 3º e 4º ESO: Facer unhas coplas para os maios, xa que todo maio debe ir acompañado da súa tradicional copla!

Podedes buscar na rede información sobre os maios que vos axude a facer a actividade.
Subiremos as vosas creaciónsao blog a medida que as vaiamos recibindo.

Para entregar a actividade:
    •  Os de 1º e 2º ESO, enviaredes unha foto na que saiades vós (se tedes firmada a autorización para publicar as vosas fotos)  e o voso maio.  
    •  Os de 3º e 4º ESO, podedes enviar un documento ou foto da copla, pero  moito mellor se vos animades a facer un pequeño vídeo ou audio (menos dun minuto) no que recitedes  a copla. 
    •  Todos debedes incluir no correo o voso nome, apelidos e curso.
    •  Os envíos se farán ao correo da biblioteca: tobiasbiblioteca@gmail.com