mércores, 29 de abril de 2020

MAIO. MES DAS LETRAS GALEGAS



Co gallo do día das Letras Galegas o  Departamento de Normalizacion Linguística xunto coa Biblioteca temos unha fermosa proposta para que podamos celebralo, aínda que sexa na distancia.

Consiste en que grabedes un vídeo no que estedes lendo un fragmento dun libro en galego (breve) e nolo enviades a tobiasbiblioteca@gmail.com .

O longo de todo o mes, iremos colgando esos vídeos no blog.

Pode ser calqueira tipo de libro, deixamos liberdade e así canta máis variedade teñamos mellor!!



venres, 24 de abril de 2020

Bibliotecas escolares na rúa. VOLVEREMOS!


Todos os anos a biblioteca do I.E.S Chamoso Lamas estaba na rúa no día 23 de abril, este ano non pode ser, pero volveremos....



23 de Abril. O DÍA DO LIBRO


Co gallo do día do libro os profes (e algún ex -profe) do Chamoso queren facervos recomendacións lectoras para estes días de confinamento:

María Xosé de Bioloxía recoméndavos, sempre que vos guste, algo de novela negra:
             

E, Paula de Mates leu estes días a primeira parte e vola recomenda, así que se vos gusta a novela negra xa sabedes, comeza de por este:

     


Clara está agora lendo unha novela que di que é ideal para comezar unha nova vida sen parella!!
              

Miguel Pereira propón a lectura da vida de Primo Levi e os seus compañeiros nun campo de concentración alemán, para que non nos queixemos do noso confinamento!!!...
… pero tamén di que onde estea un bo Asterix…

           



Hortensia recomenda "Un cuento perfecto", e... non é iso o que nos gustaría vivir a todos sobre todo nestes días

Marta de Bioloxía está agoralendo un libro que trata un tema moi acorde a estes tempos de “coronavirus” nos que vivimos, nel se fala sobre como mellorar a especie…

                 


Rubén ensínanos  e recoméndanos  desde a súa casa , “Fui asistente del doctor Mengele de Miklós Nyiszli”, que recolle en primeira persoa o vivido por un xudeo no campo de concentración de Auschwitz. Gracias pola foto Rubén!
               


Reme, como grande lectora que é, recomenda dúas lecturas…Con cal vos quedades vós?
               



Carlos de inglés (aínda que este ano non está con nós) envía dende A Coruña a súa recomendación, unha novela de ficción con base histórica,  na Galicia de 1942 mistúrase a resistencia contra o franquismo e a presenza da Alemaña nazi:



Magali envíanos esta recomendación cun significado especial para ela, animádevos, sobre todo se vos gusta a Historia de España: La familia del Prado


Paula de Bioloxía, se vos gustan as historias de romanos e de mulleres poderosas recoméndavos a  seguinte novela:

Yasmín de Inglés  expresanos as suas preferencias "A historia curta é na miña opinión una das maneiras de crear literatura máis difícil que existe e que  exije de gran mestría:  Chejov, escritor ruso de principios de século 20, é un deses xenios que che leva por  micromundos acompañado de personaxes simples e reais. O meu relato favorito: ... imposible de escoller, ... todos".



E os ex-profes do departamento de Bioloxía, Barbeito e Elena fan tamén as súas recomendacións:
Barbeito escolleu esta novela…




…e Elena un libro de lectura fácil e moi entretido para pasar estes días de confinamento:




O día da Muller: Presentación dun vídeo no Concello


O luns 9 de marzo o noso centro participou, xunto con outros centros educativos e institucións. nunha actividade organizada polo Concello de Carballiño para conmemorar o Día da Muller.
Ali presentamos o seguinte vídeo no que mostramos unha exposición que tivemos no centro e un poema interpretado por alumnas de 3º e 4º da ESO.
Dende a biblioteca queremos mandar un especial agradecemento a Clara pola axuda prestada para a interpretación do poema e a Raúl pola montaxe do vídeo




xoves, 23 de abril de 2020

MARZO- Obradoiros de banda deseñada


Dentro das xornadas de banda deseñada estaban previstos varios obradoiros. Por mor do alerta sanitaria polo Coronavirus só se puido facer o de scrapbooking, a cargo da profesora Isabel, de Latín, que resultou un éxito absoluto.




MARZO: MES DA BANDA DESEÑADA

Neste mes, dende a Biblioteca prentédeuse fomentar o disfrute da lectura a través dos libros en banda deseñada, con varias xornadas, exposicións e talleres.

O expositor de Novidades da Biblioteca encheuse de libros e revistas en banda deseñada en varios idiomas.


Na nova vitrina, figuriñas de superheróes da banda deseñada.


Nos paneis dos corredores personaxes de  inesquecibles, como os protagonistas de Mafalda e varios superheróes



Exposición da historia da banda deseñada, a nivel mundial, español e galego






Outra exposición en paneis






8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Dende a biblioteca do IES Chamoso Lamas traballouse para a conmemoración do día Internacional da Muller con varios paneis e exposicións.



Nesta exposición salientóuse o TRABALLO INVISIBLE feito polas mulleres




Ademáis en MARZO  dentro das xornadas de BANDA DESEÑADA incluíuse a exposición de " Mujer moderna, mujer feliz"  onde se visualizan as dificultades engadidas que deben afrontar as mulleres en clave de humor.