xoves, 12 de decembro de 2013
DEREITOS HUMANOS
O IES Chamoso Lamas traballa cos seus alumnos os Dereitos Humanos; os nosos rapaces participan coa creación dun cartel/grafiti sobre os dereitos humanos
xoves, 7 de novembro de 2013
VIOLENCIA DE XÉNERO
Para loitar contra esta lacra social e concienciar as futuras xeneracións, entre todos traballamos sobre as vítimas de violencia de xénero. Así mesmo os alumnos do noso centro participaron xunto con outros alumnos dos IES de dos colexios da zona, nun acto organizado polo Concello do Carballiño.
COÑECEMENTO DA BIBLIOTECA.- 1º ESO
O alumnado de 1º da ESO fixo actividades relacionadas co coñenemento da Biblioteca: "Búscate tellolos", "Busca materias", "Sei navegar en Google", "O Detective Tobías"
Etiquetas:
PROMOCIÓN BIBLIOTECA
xoves, 17 de outubro de 2013
EXPOSICIÓNS.- MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
- Exposicións:
Etiquetas:
MES DO,
PROMOCIÓN BIBLIOTECA
MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Comezamos novo curso celebrando ó día das Bibliotecas Escolares con distintas actividades ó longo do mes.
Etiquetas:
MES DO,
PROMOCIÓN BIBLIOTECA
venres, 28 de xuño de 2013
XUÑO.- Mes do medio ambiente
mércores, 5 de xuño de 2013
mércores, 29 de maio de 2013
MES DE MAIO Panel das Letas Galegas
Conmemoramos o Día das Letras cun panel adicado a Roberto Vidal Bolaño e referencias o resto dos escritores das Letras.
Etiquetas:
MES DAS LETRAS GALEGAS
venres, 24 de maio de 2013
ABRIL MES DO LIBRO: Festival de Cantares Gallegos e Entrega de premios do Concurso de Fragmentos
A Bilioteca xunto con Normalización Lingüístisca partipando o mesmo tempo todos os departamentos de linguas, organizaron un festival collendo como base os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro para celebrar o seu 150 aniversario. Cunha selección feita por Normalización, recitáronse e dramatizáronse poesías nos seguintes idiomas: castelán, galego, euskera, catalán, latín, grego, inglés, francés, alemán, italiano, brasileiro e esperanto.
Neste festival entregáronse os premios polos fragmentos que o longo do mes de abril escolleron o alumnado das distintas clases da ESO.
ABRIL MES DO LIBRO: Biblioteca na Rúa
A través da Biblioteca do Chamoso convocouse a outras bibliotecas de Carballiño para poñer postos de libros na rúa e animar ó pobo para facerse socio das distintas bibliotecas. O mesmo tempo, un grupo de alumnos lía fragmentos de autores representativos da literatura universal, intercalado cunha actuación dun grupo de música medieval. TODO UN ÉXITO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
mércores, 22 de maio de 2013
ABRIL MES DO LIBRO: Paneis de flores
Paneis de flores con pétalos feitas con fragmentos dos libros que o alumnado da ESO está usando na Hora de Ler.
MARZO MES DA MULLER: Exposición fotografías de Chema Madoz sobre o traballo invisible.
Sobre esta exposición de Chema Madoz e o panel da entrada elaborouse unha enquisa entre o alumnado para avaliar o traballo do fogar nas súas casas, quedando demostrado que un 70% deste traballo correspondía ás mulleres.
MARZO MES DA MULLER: O traballo invisible
Este ano adicamos o mes da muller ó traballo invisible de todas as mulleres que de unha maneira silenciosa a través da historia desenvolveron tarefas no fogar sen ser recoñecidas.
PREMIO CARTA DE AMOR: MES DOS NAMORADOS
A alumna de 3º da ESO Lucía España gañou o concurso de Cartas de Amor, organizado pola Biblioteca no mes de febreiro relacionado cos namorados.
sábado, 2 de marzo de 2013
DÍA DOS NAMORADOS.- 2013
A carteira do amor repartiu cartas de amor e amizade que previamente escribiran os rapaces con caraveis encargados pola comunidade escolar, tamén se fixo un concurso de cartas de amor e unha exposición de "Miradas de Amor e sobre o Amor na Historia da Arte"
A Carteira do Amor
Concurso Cartas de Amor
Miradas de Amor e sobre o Amor na Historia da Arte
A Carteira do Amor
mércores, 27 de febreiro de 2013
CELEBRACIÓN ENTROIDO 2013
Se fixeron charangas por curso, coa participación do profesorado con premios individuais (gañadores: alumnos disfrazados como profesores) e grupais (a representación dunha voda xitana)
domingo, 10 de febreiro de 2013
DÍA DA PAZ: 30 DE XANEIRO
Celebramos o día da Paz de moitas formas aquí no Chamoso:
- Unha exposición de arte e literatura coma expresión da Paz.
- Os nenos de 2º da ESO elaboraron un mapa a nivel mundial con lugares representativos dos conflictos, traballados por eles.
- Unha actividade no patio: os alumnos do Primeiro ciclo con camisatas brancas hixeron as letras que conforman a palabra PAZ con grobos nas máns; o alumandao de 2º da ESO leu os conflictos do mundo e as súas víctimas e tamén poesías sobre a paz. Sonou a canción de Imagine de Jonh Lennon e se soltaron 100 grobos brancos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)