xoves, 20 de decembro de 2012

CLUB LECTOR.- 2012/2013

O Club Lector do IES Chamoso Lamas está a traballar o libro El artista cruel; tras unha primeira media hora de lectura, os alumnos fan varias actividades en torno a esa lectura: activiades de dramatización, significados de palabras, adiviñas, comprensión do lido, etc.



Segundo trimestre no club lector: lectura do libro El curso que me enamoré de ti, con actividades sobre o libro. 

No mes de abril o club lector participou no festival sobre Rosalía de Castro recitando e dramatizando o poema Adiós Ríos, Adiós Fontes.

Terceiro trimestre no club de lectura: limos o relato "As Portas do Alén" do libro de Agustín Fernández Paz As Fronteiras do Medo e fixemos o xogo da oca sobre o relato.
Tamén preparamos unha representación con marionetas dunha adaptación de Ladaiños polo norte do meco de Roberto Vidal Bolaño.

PREMIO RELATOS DE TERROR.- SAMAÍN 2012

Francisco Javier Ramallo gañou o premio de Relatos de Terror organizados para o Samín (Novembro de 2012)

mércores, 12 de decembro de 2012

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Este curso adicamos este mes de Decembro dos Dereitos Humanos e tema dos NENOS SOLDADO con exposicións, cómics, revistas artigos e cuestionarios sobre o exposto para que poidan traballar as distintas materias. Deste xeito o noso alumnado coñeceré ese drama outros países, outros mundos onde os nenos non disfrutan da súa infancia.