domingo, 28 de febreiro de 2016

ANTROIDO

Exposición: a entrada da biblioteca historia do entroido en Galicia –traballo feito por 4º da ESO-  e fotos cos entroidos máis representativos das distintas zonas galegas 
Panel con máscaras representativas do entroido galego e grandes letras de adorno para celebrar o entroido



venres, 19 de febreiro de 2016

MES DOS NAMORADOS: CONCURSO HAIKUS ILISTRADO

Esta actividade na que participaron alumnos de todos niveis, ten como fin promocionar a escritura e tamén promover actividades relacionadas coa imaxinación así como novas formas de poesía.

mércores, 17 de febreiro de 2016

MES DOS NAMORADOS: O XARDÍN DOS NAMORADOS



O noso xardín: dígo ÁMOTE en moitos idiomas, colgados da árbore corazóns con letreiros e a frase en moitos idiomas

venres, 12 de febreiro de 2016

XARDÍN DA PAZ

No Xardín da biblioteca colocamos pombas sobre area e na árbore a palabra paz en moitos idiomas, cunha frase no taboleiro posterior de falemos da paz en todos os idiomas. No mesmo taboleiro están os gañadores do Nobel da Paz.

PROCURA DA POESÍA

Construcción da palabra PAZ o venres 29 de xaneiro co alumnado da ESO , sobre as cristaleiras do corredor, feito con pombas que eles escribiron previamente buscando fragmentos ou poesías a favor da paz

PANEL DE GUERNICA

O panel do Guernica no corredor de exposicións: mural composto polo cadro do Guernica, unha foto da cidade de Guernica do 1937 e outra da cidade de Alepo en Siria do 2015, onde se ven as similitudes do horror. Rodeándoas varios fragmentos do cadro para incidir na desfeita e a destrucción.

xoves, 11 de febreiro de 2016

MES DOS NAMORADOS

Panel de entrada: corazón feito con rosas de papel e corazóns con parellas de artistas célebres

luns, 1 de febreiro de 2016