mércores, 23 de novembro de 2022

NOVEMBRO


NOVEMBRO

MES DA CIENCIA EN GALEGO 

Dende a biblioteca queremos celebrar este temática e para elo, os nosos voluntarios fixeron  unha

 escolma que permite promover os nosos fondos. 

Achegádevos ata a biblio e descubride novos misterios da nosa ciencia, na nosa lingua.



xoves, 3 de novembro de 2022

NOVEMBRO

 SAMAÍN NO CHAMOSO

Aquí vos deixamos un resume das actividades feitas pola biblio en coordinación para conmemorar esta data.

Concurso de Epitafios 

Mantendo o lema deste ano "Escribir, a biblioteca escolar" fixemos, coa colaboración do alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato e do Departamento de Literatura Castelá, este concurso para castelá e galego; un gran éxito con máis de 60 participantes😍



Estes foron os epitafios elexidos polo xurado:

                               
"Nunca pensé que llegaría a dormir tanto" (Catherine 2º A ESO)

"Aquí están os meus ósos esperando polos vosos" (Miguel 2ºA ESO)

Aquí temos os gañadores recibindo uns agasallos  entregados polos alumnos de Literatura Universal.



RECREOS DE TERROR NA BIBLIO

A biblioteca converteuse nunha sala de cine onde o alumnado gozou duns cortos de medo.






Grazas a todos por participar e colaborar connosco.