luns, 28 de novembro de 2016

Carteis e cónics.- MES DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Elaboración de carteis e dun cómic por parte do alumnado de 4º da ESO en coordinación co profesor de ética, contra a violencia para expoñelos ao lado da biblioteca.
Para ver máis fotos, fai clic na imaxe:

luns, 21 de novembro de 2016

O Chamoso no Concello.- MES DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Participación da biblioteca nunha actividade feita polo Concello o día 25 na que participaron alumnado de 4º da ESO coas bocas tapadas por esparadrapo e dicindo por orde o nome, anos e provincia de víctimas de violencia de xénero deste ano. Ao mesmo tempo ían cravando eses nomes escritos sobre rosas negras nun gran corazón negro e as que sobraban metíanas nunha cesta.
Para ver todas as fotos. fai clic na imaxe.

mércores, 16 de novembro de 2016

Panel Exposición.- MES DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Panel fronte a biblioteca cun decálogo sobre “Quérote sen Violencia” formando a palabra NON, elaborado polo alumnado de 4º da ESO.


Boletín de Halloween

luns, 14 de novembro de 2016

O xardín da biblioteca.- MES DA VIOLENCIA DE XÉNERO

No xardín da biblioteca grandes letras recordando o mes da non violencia de xénero.


domingo, 6 de novembro de 2016

Exposicións.- MES DA VIOLENCIA DE XÉNERO


  • Exposición ao lado da Biblioteca sobre: claves sobre violencia de xénero. Para ver as fotos fai clic na imaxe.
  • Panel sobre o número de vítimas do ano 2016 escritas sobre rosas negras co nome da víctima, idade e provincia. Número de victimas nos últimos anos:
  • Panel sobre a violencia na adolescencia con consellos para evitar esa violencia. Colgado unha camiseta e unha falda con tinte vermello e o teléfono de chamada. Para ver as fotos fai clic na imaxe.
Panel sobre sobre “Non o permitas” “Non sexas cómplice” “Chama ao 016” e rosas negras con nomes de victimas no medio dunha coroa negra.

venres, 4 de novembro de 2016

Charlas.- MES DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Charlas con psicólogas e asistentes sociais para o alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO, como forma de prever a violencia de Xénero.

Panel.- MES DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Gran panel na entrada contra a violencia de xénero, fomentando a educación en contra da violencia.

martes, 1 de novembro de 2016

CELEBRACIÓN DE HALLOWEEN

Adornamos a biblioteca para o Samaín.