venres, 11 de decembro de 2015
venres, 4 de decembro de 2015
2º DA ESO DEBUXA OS DEREITOS HUMANOS
Todo o alumnado de 2º da ESO, participou na actividade sobre os dereitos humanos, elaborando un debuxo individual de cada un dos dereitos.
Etiquetas:
MES DOS DEREITOS HUMANOS
O XARDÍN DOS DEREITOS HUMANOS
O noso xardín adórnase cos dereitos humanos e estrelas de Nadal.
Etiquetas:
MES DOS DEREITOS HUMANOS
venres, 27 de novembro de 2015
O MES DA VIOLENCIA. O XARDÍN DA BIBLIOTECA
O noso xardín vístese de negro polas vítimas da violencia, en recordo de cada unha delas, unha rosa negra co seu nome, ó lado dúas siluetas mostran o amor que deben prevalecer na parella.
Etiquetas:
MES DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O MES DA VIOLENCIA: EXPOSICIÓNS
A educación é a base para erradicar este tipo de violencia, debido a iso fixemos exposicións e actividades dirixidas ó alumnado para prever a violencia na adolescencia; unha destas exposicións sería: "A Violencia Convírtete nun Monicreque"
Colocamos carteis elaborados polo alumnos de 1º de Bacharelato, na materia de TIC.
Exposición de "Se te Quere non é Amor, é Violencia": claves para favorecer as relacións de parella.
Exposición "Violencia sobre a Muller ó Longo do Tempo"
Colocamos carteis elaborados polo alumnos de 1º de Bacharelato, na materia de TIC.
Exposición de "Se te Quere non é Amor, é Violencia": claves para favorecer as relacións de parella.
Exposición "Violencia sobre a Muller ó Longo do Tempo"
Etiquetas:
MES DA VIOLENCIA DE XÉNERO
REFUXIADOS
Exposición e cuestionario para todo o alumnado do instituo, con fin de concienciar deste problema e aclarar posibles dúbidas.
Etiquetas:
BIBLIOTECAS ESCOLARES
BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS
Este ano decidimos traballar as exploracións xeográficas ao longo da historia co alumnado de ESO, elaborando un gran mural onde cada alumno se encargou dun explorador e do seu descubrimento
Etiquetas:
BIBLIOTECAS ESCOLARES
venres, 13 de novembro de 2015
OUTUBRO.- MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
- No mes das Bibliotecas Escolares, xogamos cos libros
- O Xardín da Biblioteca engalnase cunha B, feita con libros e adornada con flores.
|
|
- Actividades de coñecemento da Biblioteca para o alumnado de 1º da ESO, con xogos variados e que lle permita á procura de todo tipo de material da Biblioteca e tamén o emprego de ordenadores e o coñecemento dos distintos espazos dos que dispoñe.
- Actividade 1º e 2º da ESO no mes das Bibliotecas Escolares, Xogamos cos libros: fragmentos de libros escritos sobre gaivotas colocadas polo instituto. Cada clase ten que atopar un barco escondido coa portada do libro e logo traer cinco gaivotas con fragmentos dese libro, premio para o curso que remate antes e para os gañadores que atopen máis gaivotas do seu libro respectivo. Traballamos cos seguintes libros: Follas Novas de Rosalía de Castro, Memorias dun neno labrego de Neira Vilas, La celestina de Fernando de Rojas, La vuelta al mundo en 80 días de Julio Verne e Farsa de Bululú de Manuel María.
Etiquetas:
BIBLIOTECAS ESCOLARES
mércores, 11 de novembro de 2015
martes, 16 de xuño de 2015
CLUB LECTOR: SEGUNDO TRIMESTRE
Lectura e actividades de libro, participación de lectura de poesía no día da paz e no mes dos namorados.
MES DO MEDIOAMBIENTE: MÓBILES
Elaboración de móbiles de animais mariños e bolboretas, feitos con goma eva, en colaboración co departamento de Bioloxía e Xeolioxía.
|
|
MES DO MEDIOAMBIENTE: CONCURSO
Nun panel colocáronse siluetas de paxaros feitas con goma eva e os alumnos tiñan que sinalar nunha lista o nome do paxaro correspondente.
|
|
MES DO MEDIOAMBIENTE: O NOSO XARDÍN
No noso xardín colocamos paxaros de Galicia na árbore para que os coñeceran os alumnos.
MES DO MEDIOAMBIENTE: EXPOSICIÓN "ARTE E METEOROLOXÍA"
En coordinación con distintos departamentos e no Plan Proxecta (Meteoescolas), a bilioteca elaborou xunto cos alumnos de 2º e 4º da ESO a exposición "Arte e Meteoroloxía".
martes, 19 de maio de 2015
XORNADAS SOBRE MEMORIA HISTÓRICA
Xornadas organizadas polos departamentos de Filosofía, Xeografía e Historia e a Bilioteca, a petición de alumnado de 1º de Bacharelato, relacionadas co mes da Paz e que se extenderon ata febreiro.
martes, 5 de maio de 2015
RECITAL DE POESÍA
No segundo trimestre a poetisa Rochi Novoa acompañada de músicos, recitou as súas poesías en diversos centros de ensino da contorna.
|
|
|
SOLIDARIDADE DO RATO TOBIAS
O Rato Tobías solidarizase coa organización Save the Children, elaborando todo o alumnado da ESO marca páxinas solidarios e os alumnos de 2º da ESO o "Mar da Solidaridade" con barcos e palabras sobre este tema.
martes, 28 de abril de 2015
O NOSO XARDÍN.- MES DO LIBRO
O Noso Xardín adornouse para o día do libro con flores a reventar na árbore, bolboretas e follas con fragmentos de poesía, anotados polo alumnado da ESO.
xoves, 23 de abril de 2015
BIBLIOTECA NA RÚA.- MES DO LIBRO
Organizouse o 23 de abril, a actividade "Biliotecas na Rúa" feita por esta Biblioteca coa colaboración de distintos departamentos e á que se invitou o IES Nº 1 e á Biblioteca Municipal do Carballiño. Este ano adicouse á poesía, escollendo poetas en francés, inglés, portugués, brasileiro, galego e español.
mércores, 22 de abril de 2015
martes, 21 de abril de 2015
MY FABS.- FORMACIÓN PROFESIONAL
Here are some recommendations from the FP of the Chamoso:
The Cabinet of Curiosities, A Praia dos Afogados, Las Lágrimas de Shia, Bajarse al Moro, El Valle de los Lobos, Puro Maldini, The Harry Potter Saga, mangas, Cien años de soledad, La ladrona de libros, Los Pilares de la Tierra.
domingo, 19 de abril de 2015
PANEIS.- MES DO LIBRO
- Panel sobre poetas novos en Galicia, para acercar ó alumnado á poesía e o mesmo tempo completar as xornadas sobre poesía que se fixeron este ano durante o curso con outros centros.
- Panel con baúl do que se "escapan" libro de distintos escritores.
mércores, 15 de abril de 2015
martes, 7 de abril de 2015
MES DE MARZO.- MÚMERO PI
O departamento de Matemáticas coa colaboración da biblioteca fixo una actividade co alumnado da ESO, elaborando os distintos decimais do número pi cos que cubriron a todo o instituto xunto con cartelería explicativa.
xoves, 19 de febreiro de 2015
mércores, 18 de febreiro de 2015
martes, 17 de febreiro de 2015
MES DE FEBREIRO, MES DOS NAMORADOS.- Carteira do Amor
Convocouse como todos os anos a actividade da Carteira do amor, onde o alumnado manda cartas de amor e amizade os seus compañeiros, e a coordinadora con axudantes da biblioteca as reparte o día dos namorado, xunto con poemas.
MES DE FEBREIRO, MES DOS NAMORADOS.- Xardín da biblioteca
No” Xardín da biblioteca” colgados da árbore, corazóns feitos polo alumnado da ESO coa frase quérote en 50 idiomas distintos.
luns, 16 de febreiro de 2015
MES DE FEBREIRO, MES DOS NAMORADOS.- Concurso cartas de amor
Concurso de cartas de amor.
Estas dúas actividades teñen como fin promocionar a escritura e sobre todo a epistolar, que se está a esquecer. Este ano existiu unha gran participación.
Estas dúas actividades teñen como fin promocionar a escritura e sobre todo a epistolar, que se está a esquecer. Este ano existiu unha gran participación.
Gañadoras do concurso (Carta en castelán e Carta en galego):
Dana Constantine (1º de Bacharelato Humanístico) gañou co seu relato Galway. Marta Fernández Justo (2º ESO) tamén foi premiada por Querido Xoaquín. Se queredes ler a súas obras facede clic no título das obras gañadoras.MES DE FEBREIRO, MES DOS NAMORADOS.- Reparto de flores
Reparto de flores por encargo polo o xoves día 12, feito polo alumnado de 4º ESO e a coordinadora da biblioteca.
venres, 23 de xaneiro de 2015
xoves, 22 de xaneiro de 2015
MES DA PAZ.- Panel Mapamundi
Panel de mapamundi onde se colocan os distintos conflictos a nivel mundial con pequeñas pombas sinalando o conflicto. Estes conflictos investigaronos o alumnado de 2º da ESO.
mércores, 21 de xaneiro de 2015
MES DA PAZ.- Xardín da Paz
O xardín da paz: pombas colgadas nunha rama con distintas palabras relacionadas coa paz. Estas palabras foron buscadas polo alumnado e escribíronas nas pombas.
|
|
|
martes, 20 de xaneiro de 2015
MES DA PAZ.- Paso a pomba, paso a paz
Paso a pomba e paso a paz: actividade na que participa todo o instituto. O alumnado vai a ler a unha clase poesías sobre a paz e lle entrega a pomba a outro alumn@ para que vaia a ler unha poesía distinta a outra clase...
luns, 19 de xaneiro de 2015
MES DA PAZ.- Proxección
Proxección no vestíbulo de cancións e vídeos sobre a paz durante toda a mañá.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)