luns, 30 de xaneiro de 2017

Poesía en Galego

Poesía en galego: actuación do 2º trimestre: Par de dous +1. Organizada por: normalización lingüística, filosofía e biblioteca.

xoves, 26 de xaneiro de 2017

Violencia de Xénero no Carballiño

Minuto de silencio o día da Paz pola muller asasinada no Carballiño víctima da violencia de Xénero.

luns, 23 de xaneiro de 2017

Actividades no salón de actos.- MES DA PAZ

Falamos de PAZ: co alumnado da ESO tratamos de concienciar sobre os problemas das guerras e os principais conflictos de hoxe. Participa o alumnado de 2º e 4º da ESO:
- Leen o poema de Blas de Otero: "Pido la paz y la palabra"
- Power cos principais paises en guerra, lee o alumnado de 4º o representativo deses conflictos
- alumnado de 2º da ESO rompen palabras relacionadas coa guerra e colocan nun corcho pombas con palabras sobre a paz.
- alumnado de 4º sacou carteis formando a frase: LOITEMOS TODOS POLA PAZ
- video da canción de Serrat "Mediterráneo", cantada con outros autores para denunciar as mortes de refuxiados neste mar.
Actuación do coro do instituto cantando "Imagine" de John Lennon e "Aleluia" de Leonard Cohen mentres se proxecta un video dos desastres das guerras e a favor da paz.

xoves, 19 de xaneiro de 2017

O Xardín da Biblioteca.- MES DA PAZ

No noso Xardín colocamos a palabra PAZ con lemas a favor desta e contra a guerra.


Exposición guerra civil española.- MES DA PAZ

Exposición diante da biblioteca de murais feitos sobre a guerra civil española

domingo, 15 de xaneiro de 2017

Exposición conflictos.- MES DA PAZ

Exposición dos conflictos na entrada da biblioteca con pombas, informando dos lugares, tempo no que se desenvolven e número de víctimas.

xoves, 12 de xaneiro de 2017

Panel na entrada do IES.- MES DA PAZ

Panel no vestíbulo do instituto con un globo terráqueo rodeado de pombas que levan nos seus picos os países en guerra máis representativos.