luns, 23 de outubro de 2023

OUTUBRO

 


1. APERTURA BIBLIOTECA


2. FORMACIÓN USUARIOS















martes, 27 de xuño de 2023

XUÑO

 




RESUMO ACTIVIDADES

PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS












                                           

domingo, 11 de xuño de 2023

XUÑO

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

O Equipo da Biblioteca e o Departamento de Bioloxía coordináronse para poñer en marcha esta actividade: RECOLLER O LIXO NAS ZONAS PRÓXIMAS AO CENTRO.

O noso centro, situado nun entorno natural, a carón do Parque Municipal do Carballiño, permite realizar actividades relacionadas coa natureza. Por iso, logo de establecerse unhas quendas para cada grupo en horario de titorías, o alumnado púxose en marcha para deixar o noso entorno limpo e aproveitar para facer unha boa reciclaxe segundo os distintos materiais. 

Aproveitamos esta actividade para concienciar da importancia e da necesidade de coidar o noso planeta, e para eso, preparamos un taboleiro onde deixar CONSELLOS para PROTEXER O MEDIO AMBIENTE. 


                                                               


                            

                               




NOVIDADES VERÁN ALUMNADO




NOVIDADES VERÁN FAMILIAS


RESUMO ACTIVIDADES

PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS












O Equipo da Biblioteca deséxavos unhas boas vacacións.





xoves, 25 de maio de 2023

MAIO

LETRAS GALEGAS 


Aquí vos deixamos un resumo das actividades.

 


luns, 1 de maio de 2023

SEMANA NA CIENCIA NOS DOUS IES

SEMANA DA CIENCIA 

Neste mes organizouse, en colaboración co concello e o outro IES, a SEMANA DA CIENCIA.
Charlas nos centros, na Casa da Cultura, Experimentos na Biblioteca e Feira no pobo,...

A BIBLIOTECA ESTIVO PRESENTE:

- EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA: a biblio foi testigo desta semana acollendo en directo os experimentos do alumnado (física, química, robótica, tecnoloxía, bioloxía, ......









- A NOSA BIBLIO NA FEIRA DA CIENCIA: promocionando os nosos fondos científicos.









MES DO LIBRO

MES DO LIBRO

A celebración do día do libro extendeuse durante todo este mes. Aquí vos deixamos algunhas das actividades feitas dende a biblioteca en colaboración con distintos departamentos.

CARACTERIZACIÓN DE CERVANTES E LECTURA EN VOZ ALTA 

(alumnado 1ºeso + profes, lingua castelá)

 AMIGO INVISIBLE: mantendo a tradición entre compañeir@s


CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO: na biblioteca, no recreo tivemos un concerto do alumnado de 4º e 1ºESO (departamento música), recollida de marcapáxinas polos alumnos de 1ºESO e entrega dunhas rosas moi doces😋


RELATOS, PODCAST

 E RECOMENDACIÓNS VARIAS

     
                                         












mércores, 5 de abril de 2023

ABRIL

NOVIDADES SEMANA SANTA

Aquí vos deixamos as novidades que se presentan para desfrutar nestas datas. 










MARZO

MES DA POESÍA

POESÍA PARA LEVAR:  alumnos e profes viñeron recoller as súas doses de POESÍA TERAPÉUTICA. Micropoemas escollidos e preparados polos alumnos de literatura universal e o club de lectura de poesía en coordinación coa biblioteca para provocar uns maravillosos efectos secundarios.




POEMOCIONARIOS: os alumnos de 1º, agrupamento de 2º e 3º ESO de lingua castelá demostraron esta semana a súa creatividade como poetas e poetisas.







CALIGRAMAS = POESÍA VISUAL: a biblioteca do Chamoso convertéuse nunha gran galería de arte onde os alumnos do centro expuseron as súas obras. Unha variedade de caligramas en linguas varias.




martes, 28 de marzo de 2023

MARZO

 20 DE MARZO, DÍA DA LINGUA FRANCESA

CALLIGRAMMES = POESÍA VISUAL

Os alumnos de 1º de Bacharelato de Francés, lembraron ó poeta Guillaume Apollinaire imitando os seus célebres caligramas en colaboración coa biblioteca para conmemorar a lingua francesa e inaugurar o mes da Poesía.

Aquí vos deixamos as súas obras.



domingo, 19 de marzo de 2023

MARZO 8M

8M NO CHAMOSO

Por unha banda, os alumnos de Literatura Universal de Bacharelato xunto coa súa profesora e coa colaboración do equipo da biblioteca, presentaron unha exposición titulada: "Pseudónimo é nome de muller" . Nela podemos atopar diversas autoras, neste caso representadas polo alumnado, que se escondían detrás dun nome e dun físico para divulgar a súa obra.
 Por outro lado, fixemos na biblioteca unha escolma de pelis relacionadas con esta temática, que se poden empregar nas aulas e tamén levar para as casas. Así mesmo, a nosa sección BIBLIOVIOLETAS expón os seus fondos e as súas novidades  sobre IGUALDADE.



domingo, 12 de marzo de 2023

FEBREIRO, MES VIAXEIRO

FEBREIRO, MES VIAXEIRO




Durante o mes de febreiro, a biblioteca organizou unha serie de actividades cunha temática común: FEBREIRO MES VIAXEIRO. A coordinación con certos departamentos, así como a participación do alumnado, familias e docentes, fixo posible todo este traballo que resumimos no seguinte vídeo.


As actividades foron as seguintes:

- CONCURSO CÓMETE O MUNDO: enmarcado no programa Lectura e Familias para promover os nosos fondos, neste caso culinarios onde as familias cociñaron distintos pratos internacionais que se expuseron, degustaron e puntuaron na biblioteca.
- EXPOSICIÓN BATUKADA: instrumentos feitos polos alumnos de música e plástica con materiais reciclados e que empregaron logo para dar un concerto de entroido.
-ENTROIDO NACIONALIDADES: meco, concurso de tik toks, de disfraces, concertos e demais.
- CHAMOSO'S NATIONALITIES: exposición audiovisual na biblioteca en inglés dos alumnos de 4º ESO que contan a súa experiencia.
- DÍA DE ROSALÍA: NÓS, TAMÉN EMIGRAMOS: exposición biblioteca de autores exiliados, busca de tesouro e decoración de camisetas.
- A VOLTA AO MUNDO EN 10+1 PELÍCULAS: escolma e exposición de películas na biblioteca.
- LECTURAS VIAXEIRAS: O RECUNCHO DE REME recomenda dos nosos fondos, lecturas dentro desta temática.


                                               Grazas pola vosa colaboración

                                                                         O  Equipo da Biblioteca

domingo, 5 de febreiro de 2023

XANEIRO

 DÍA DA PAZ NO CHAMOSO


O Luns 30 de Xaneiro celebramos na biblioteca esta data cunha chea de actividades que se prepararon ao longo de varias semanas: 

- PHOTOCALL DUNHAS ÁS: feito coas plumas decoradas e pintadas polos alumnos e as súas familias. 
- RAPAZEANDO: actuación dun grupo de alumnos de 2º ESO de valores que demostraron a súa destreza facendo un rap con esta temática.
- CONCERTO: "Fisterra" peza interpretada polos alumnos de 4º na parte instrumental e polos de 1º e 2º na parte vogal.

Damos as grazas aos alumnos, profes, titores e familias que participaron na realización destas actividades.

Aquí vos deixamos un resumo de todas elas. 






Lembramos que podedes disfrutar tanto do RAP coma de FISTERRA no instagram da biblioteca:
@tobiasbibliochamoso