xoves, 19 de febreiro de 2015

MES DE FEBREIRO, MES DOS NAMORADOS.- Panel de entrada

Panel de entrada con un gran árbore con corazóns no que se puxeron parellas na historia.

mércores, 18 de febreiro de 2015

martes, 17 de febreiro de 2015

MES DE FEBREIRO, MES DOS NAMORADOS.- Carteira do Amor

Convocouse como todos os anos  a actividade da Carteira do amor, onde o alumnado manda cartas de amor e amizade os seus compañeiros, e a coordinadora con axudantes da biblioteca as reparte o día dos namorado, xunto con poemas.

MES DE FEBREIRO, MES DOS NAMORADOS.- Xardín da biblioteca

No” Xardín da biblioteca” colgados da árbore, corazóns feitos polo alumnado da ESO coa  frase quérote en 50 idiomas distintos.

luns, 16 de febreiro de 2015

MES DE FEBREIRO, MES DOS NAMORADOS.- Concurso cartas de amor

Concurso de cartas de amor.
Estas dúas actividades teñen como fin promocionar a escritura e sobre todo a epistolar, que se está a esquecer. Este ano existiu unha gran participación.
Gañadoras do concurso (Carta en castelán e Carta en galego):
Dana Constantine (1º de Bacharelato Humanístico) gañou co seu relato Galway. Marta Fernández Justo (2º ESO) tamén foi premiada por Querido Xoaquín. Se queredes ler a súas obras facede clic no título das obras gañadoras.

MES DE FEBREIRO, MES DOS NAMORADOS.- Reparto de flores

Reparto de flores por encargo polo o xoves día 12, feito polo alumnado de 4º ESO e a coordinadora da biblioteca.