BOLETÍN
No vestíbulo do instituto, gran rosa negra feita con cartolina da que colgan lazos e gotas vermellas nas que se escribiu o nome das vítimas do 2018.
ELABORACIÓN DE PANEIS polo
alumnado da ESO. Basándonos na canción "A porta violeta" de Rozalén, cada clase
escolle un fragmento que colocarán en cartón pluma e tod@s farán debuxos ou
decorarán o panel relacionándoo coa letra da canción.
EXPOSICIÓNS - MURAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. No corredor pódense ver diferentes carteis en contra da violencia de xénero. - PES VERMELLOS no chan, co nome das vítimas que percorren parte do instituto e LETRAS denunciando a violencia no chan e nas ventanas.
- GRANDES SÍMBOLOS DE MULLER feitos en negro penduran na entrada do instituto.
ACTIVIDADE NO CONCELLO DE O CARBALLIÑO
Participación da biblioteca nunha actividade feita polo Concello o día 26 na que participaron alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO. 10 alumn@s enumeran os nomes das vítimas así como frases relacionadas coa violencia, 2 alumnos despregan unha pancarta sobre violencia e 5 alumn@s e o profesor de música cantan la puerta violeta de Rozalen.
|