luns, 17 de decembro de 2018

NOVEMBRO - MES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

PANEL DA ENTRADA

BOLETÍN



No vestíbulo do instituto, gran rosa negra feita con cartolina da que colgan lazos e gotas vermellas nas que se escribiu o nome das vítimas do 2018.




ELABORACIÓN DE PANEIS polo alumnado da ESO. Basándonos na canción "A porta violeta" de Rozalén, cada clase escolle un fragmento que colocarán en cartón pluma e tod@s farán debuxos ou decorarán o panel relacionándoo coa letra da canción.

Decoración de portas sobre este tema, por parte do alumnado de 3º e 4º da ESO recordando o mes da non violencia de xénero. 













EXPOSICIÓNS

- MURAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. No corredor pódense ver diferentes carteis en contra da violencia de xénero.




- PES VERMELLOS no chan, co nome das vítimas que percorren parte do instituto e LETRAS denunciando a violencia no chan e nas ventanas.





GRANDES SÍMBOLOS DE MULLER feitos en negro penduran na entrada do instituto. 



ACTIVIDADE NO CONCELLO DE O CARBALLIÑO
Participación da biblioteca nunha actividade feita polo Concello o día 26 na que participaron alumnado de  2º, 3º e 4º da ESO. 10 alumn@s enumeran os nomes das vítimas así como frases relacionadas coa violencia, 2 alumnos despregan unha pancarta sobre violencia e 5 alumn@s e o profesor de música cantan la puerta violeta de Rozalen.













Ningún comentario:

Publicar un comentario