Os alumnos de 1º de Bacharelato de Francés, lembraron ó poeta Guillaume Apollinaire imitando os seus célebres caligramas en colaboración coa biblioteca para conmemorar a lingua francesa e inaugurar o mes da Poesía.
Por unha banda, os alumnos de Literatura Universal de Bacharelato xunto coa súa profesora e coa colaboración do equipo da biblioteca, presentaron unha exposición titulada: "Pseudónimo é nome de muller" . Nela podemos atopar diversas autoras, neste caso representadas polo alumnado, que se escondían detrás dun nome e dun físico para divulgar a súa obra.
Por outro lado, fixemos na biblioteca unha escolma de pelis relacionadas con esta temática, que se poden empregar nas aulas e tamén levar para as casas. Así mesmo, a nosa sección BIBLIOVIOLETAS expón os seus fondos e as súas novidades sobre IGUALDADE.
Durante o mes de febreiro, a biblioteca organizou unha serie de actividades cunha temática común: FEBREIRO MES VIAXEIRO. A coordinación con certos departamentos, así como a participación do alumnado, familias e docentes, fixo posible todo este traballo que resumimos no seguinte vídeo.
As actividades foron as seguintes:
- CONCURSO CÓMETE O MUNDO: enmarcado no programa Lectura e Familias para promover os nosos fondos, neste caso culinarios onde as familias cociñaron distintos pratos internacionais que se expuseron, degustaron e puntuaron na biblioteca.
- EXPOSICIÓN BATUKADA: instrumentos feitos polos alumnos de música e plástica con materiais reciclados e que empregaron logo para dar un concerto de entroido.
-ENTROIDO NACIONALIDADES: meco, concurso de tik toks, de disfraces, concertos e demais.
- CHAMOSO'S NATIONALITIES: exposición audiovisual na biblioteca en inglés dos alumnos de 4º ESO que contan a súa experiencia.
- DÍA DE ROSALÍA: NÓS, TAMÉN EMIGRAMOS: exposición biblioteca de autores exiliados, busca de tesouro e decoración de camisetas.
- A VOLTA AO MUNDO EN 10+1 PELÍCULAS: escolma e exposición de películas na biblioteca.
- LECTURAS VIAXEIRAS: O RECUNCHO DE REME recomenda dos nosos fondos, lecturas dentro desta temática.