luns, 16 de decembro de 2019

25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Dende a biblioteca, co gallo do Día Mundial contra a Violencia de Xénero,  propuxéronse actividades para sensiblizar ao alumnado. Foron feitas coa colaboración dos titores durante o mes de novembro.   Coas diferentes propostas e lemas para cada nivel os grupos decoraron as portas da sua aula

En 1º da ESO analizaron e debatiron sobre  unha canción, e decoraron a porta co lema #NonCales


 En 2º da ESO crearon un decálogo propio pola igualdade e contra a violencia que co lema #QuéroteSenViolencia incorporaron a sua decoración da porta.






  En 3º da ESO analizaron datos estatísticos de mortes e agresións por violencia de xénero no ano 2019 en España, asi coma noticias na prensa.  Baixo o lema  #NonSonCifrasSonVIDAS  engadiron gráficas ao engalanamento da sua porta.



 En 4º da ESO ,  analizaron algunhas campañas de anos anteriores de  distintos organismos e asociación, e elaboraron a sua propia, escollendo eles o lema.







Tamén se convidou o resto dos niveis educativos do I.E.S. ( BAC e CICLOS) e a o equipo docente e  directivo a que participaran de xeito libre na conmemoración da data e na decoración do Centro.











O día 25 de novembro houbo outros actos de  recordo as víctimas como os lazos morados ou ramos de flores e manifestacións. O Grupo de teatro coa profesora Clara, presentou no concello a sua obra acerca da problemática coa violencia machista.







Ningún comentario:

Publicar un comentario