mércores, 14 de maio de 2014

MES DE MAIO.- Letras Galegas

  • Letras Galegas 2014
O homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas é Xosé María Díaz Castro, para máis información deste escritor facede clic na páxina http://www.diadasletrasgalegas.com
  • Taboleiro na entrada do Chamoso Lamas 
Celebramos as Letras Galegas con todos os escritores homenaxeados neste día.
  • O Xardín de Maio
Flores autóctonas de Galicia e lectura dos escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas
  • Homenaxe ás Letras Galegas
A coordinadora da Biblioteca (xunto con normalización lingüística) fixo un equipo de pintores para celebrar as Letras Galegas onde se debuxaron caricaturas dos homenaxeados nas letras e palabras escollidas polo noso alumnado e profesorado.
Grazas a todos os participantes: Alex, María e Yeray de 4º da ESO, Ángel de 2º da ESO e alumnos do Club Lector: Sara (1º), Jenni, Alejandra, Alba, Andrea (2º) e Sara, Carla, Lucía, Cristina de 3º xunto coas profesoras Mª José, Remedios e Maita (coordinadora), tamén o noso director partcipou como fotógrafo.
  • Obradoiro de deseño gráfico
No mes de Maio e Xuño a Biblioteca organizou xunto co Departamento de Filosofía un obradoiro de deseño gráfico.

xoves, 10 de abril de 2014

MES DO LIBRO

  • Cartel do mes.
  • Exposicións:
    Grandes autores ó longo da historia.

    O noso xardín: flores e libros agroman en Abril. No pétalos o alumnado escribiu fragmentos de libros da hora de ler.


    Participa e xoga coas flores: abre a flor e le.

    Celebramos o centenario de Octavio Paz.

    O salgueiro chorón mostranos libros representativos ó longo da historia.

    Amamos os libros, en distintos idiomas con fragmentos escritos nas follas e autores nos bugallos.
  • Celebramos o mes do libro coa selección de poesías en todos os cursos, escritas polo alumnado en follas de árbores, cun gañador por curso.
  • Concurso de fotografías relacionada coa lectura.
  • Regalo de fragmentos de libros, claveis no día do libro.

  • Bibiblioteca na rúa: mesas con libros diversos na que participan todas as bibliotecas da cidade, o mesmo tempo o alumnado le fragmentos de libros nos distintos idiomas falados por eles no centro, co actuacións musicais en directo.

xoves, 20 de marzo de 2014

MES DA MULLER

GAÑADORES DAS CARTAS DE AMOR

Os gañadores do concurso Cartas de Amor en castelán e en galego foron: Cristina Hermida de 3º da ESO e Francisco Ramallo de 1º de Bacharelato Humanístico.



martes, 11 de marzo de 2014

xoves, 6 de febreiro de 2014

MES DO NAMORADOS

  • CARTEL 

  • O CORAZÓN DA CARTEIRA


 O alumnado escribe cartas de amor e amizade ós seus propios compañeiros e o día 14 de Febreiro a coordinadora da Biblioteca repartirá as cartas.

  • CARTEL DO CONCURSO
No concurso, trátase de promover entre o alumnado  a comunicación epistolar a través dun concurso con varios poemas. 




    

xoves, 30 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ

O Día da Paz toda a comunidade escolar participou nun acto no que construimos o símbolo da paz, "queimamos" palabras en contra dos conflictos, fixemos a frase "TRABALLAMOS E LOITAMOS POLA PAZ" en cartulinas brancas que levantaron algúns alumnos. O comezo e o remate do acto, alumnado de 4º da ESO cantou unha estrofa do rap La paz do grupo Falsalarma.

xoves, 16 de xaneiro de 2014

XANEIRO, MES DA PAZ

Este curso adicamos o mes da paz a recordar os distintos conflictos a nivel mundial e o mesmo tempo celebraremos o 30 de xaneiro, no patio do instituto diversas actividades (queimar palabras defendendo a paz, formaremos unha frase sobre a paz e alumnado de 4º da ESO cantará un rap sobre a paz) nas que se implicará toda a comunidade educativa.

xoves, 12 de decembro de 2013

BOLETÍN DE NADAL

DEREITOS HUMANOS

O IES Chamoso Lamas traballa cos seus alumnos os Dereitos Humanos; os nosos rapaces participan coa creación dun cartel/grafiti sobre os dereitos humanos

xoves, 7 de novembro de 2013

VIOLENCIA DE XÉNERO


Para loitar contra esta lacra social e concienciar as futuras xeneracións, entre todos traballamos sobre as vítimas de violencia de xénero. Así mesmo os alumnos do noso centro participaron xunto con outros alumnos dos IES de dos colexios da zona, nun acto organizado polo Concello do Carballiño.

SAMAÍN: BOLETÍN E BIBLIOTECA

COÑECEMENTO DA BIBLIOTECA.- 1º ESO

O alumnado de 1º da ESO fixo actividades relacionadas co coñenemento da Biblioteca: "Búscate tellolos", "Busca materias", "Sei navegar en Google", "O Detective Tobías"

xoves, 17 de outubro de 2013

EXPOSICIÓNS.- MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

  • Exposicións:
Bibliotecas Fermosas no Mundo.
Analfabetización no Mundo e en España.

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Comezamos novo curso celebrando ó día das Bibliotecas Escolares con distintas actividades ó longo do mes.

venres, 28 de xuño de 2013

XUÑO.- Mes do medio ambiente


  • Exposición sobre problemas ambientais e fotos de zonas protexidas feitas por Maíta.
  • Expositor con novidades.

  • Panel da entrada do centro
  • Concurso de fotografía medio ambiente.
  • Entrega de premios de marca páxinas dos participantes en Save the Children, organizado polo departamento de Plástica e a Biblioteca.

mércores, 29 de maio de 2013

MES DE MAIO Panel das Letas Galegas

Conmemoramos o Día das Letras cun panel adicado a Roberto Vidal Bolaño e referencias o resto dos escritores das Letras.