O homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas é Xosé María Díaz Castro, para máis información deste escritor facede clic na páxina
http://www.diadasletrasgalegas.com
- Taboleiro na entrada do Chamoso Lamas
Celebramos as Letras Galegas con todos os escritores homenaxeados neste día.
Flores autóctonas de Galicia e lectura dos escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas
- Homenaxe ás Letras Galegas
A coordinadora da Biblioteca (xunto con normalización lingüística) fixo un equipo de pintores para celebrar as Letras Galegas onde se debuxaron caricaturas dos homenaxeados nas letras e palabras escollidas polo noso alumnado e profesorado.
Grazas a todos os participantes: Alex, María e Yeray de 4º da ESO, Ángel de 2º da ESO e alumnos do Club Lector: Sara (1º), Jenni, Alejandra, Alba, Andrea (2º) e Sara, Carla, Lucía, Cristina de 3º xunto coas profesoras Mª José, Remedios e Maita (coordinadora), tamén o noso director partcipou como fotógrafo.
- Obradoiro de deseño gráfico
No mes de Maio e Xuño a Biblioteca organizou xunto co Departamento de Filosofía un obradoiro de deseño gráfico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario