Do día 3 ao 15 de maio, no corredores e outras zonas do Chamoso, poderemos disfrutar da exposición itinerante da Universidade de Vigo "Experimenta en feminino".
Nela veremos as biografías de 15 mulleres científicas, tecnólogas ou enxeñeiras que fixeron importantes contribucións nos seus eidos e que non sempre foron adecuadamente valoradas.
Non perdades a oportunidade de coñecelas!!!
A continuación tedes enlaces relacionados e a lista completa das 15 protagonistas:
- Concepcion Llaguno: Tecnóloga dos alimentos. Recibiu o Premio Muller Progresista e foi socia de honra da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas”
- Mileva Marić: Física. Colabora sempre cos demais, pero recoñece o teu mérito
- Linda B. Buck: Psicóloga e bióloga. Como muller na ciencia, espero sinceramente que o recibimento do Premio Nobel sirva de mensaxe para as mozas de calquera parte do mundo, que saiban que teñen as portas abertas e que lles sirva de estímulo para cumprir os seus soños
- Ada Lovelace: Programadora. A imaxinación é a facultade do descubrimento, preminentemente. É o que penetra nos mundos nunca vistos ao noso redor, os mundos da ciencia
- Frances Arnold: Enxeñeira química. A ciencia, como todos os esforzos humanos, é evolutiva. Construímos agregando e recombinando o que xa está alí
- Elsie Widdowson: Química e nutricionista. A nutricionista que lle plantou cara á desnutrición: desde a segunda guerra mundial á fame negra de África nos anos oitenta
- Isabel Zendal: Enfermeira. A enfermeira que erradicou a variola en medio mundo
- Margarita Salas: Bioquímica. Un país sen investigación é un país sen desenvolvemento
- Antonia Ferrín: Astrónoma. Simplemente, unha científica indescriptible
- María José Núñez: Química industrial e farmacéutica. Desde nena quixen entender o porqué das cousas
- Tarsy Carballas: Farmacéutica e química. A mentalidade masculina apenas cambiou desde que estudabamos separados
- Esther Lederberg : Microbiológa.Podes comezar en calquera momento, aínda que che leve toda a vida facelo ben
- Eva Crane: Física e pioneira na apicultura. Non me atraían as abellas, son científica e quería saber como funcionaban
- Teresa Toral: Química e farmacéutica.A mestra que como alquimista, ensinou físicoquímica, coñece as texturas e sutileza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario