martes, 16 de marzo de 2010

MES DA MULLER

Adicamos todo o mes de Marzo a muller pois non queremos que quede nunha simple data recordatoria, senón a concienciación xeneralizada de evitar as desigualdades de todas as mulleres: no traballo, no fogar, na violencia de xénero, na publicidade, na política……
Desde a biblioteca organizamos unha serie de actividades para todo o mes:
  • Exposición da pintora brasileira Tarsila do Amaral feita pola profesora de lingua Lucía
  • Exposición sobre os sufrimentos pasados e presentes das mulleres organizada desde a biblioteca
  • Exposición sobre o libro: La cenicienta que no quiere comer perdices, enfocada cara a concienciación do alumnado, organizada pola biblioteca
  • Exposición sobre as desigualdades no mundo desenvolvido entre homes e mulleres feita polo profesor de administrativo Manuel
  • No expositor da biblioteca están a disposición de toda a comunidade escolar novidades de libros de mulleres, así como o boletín respectivo para consultar esas novidades

Feliz mes da muller!

Ningún comentario:

Publicar un comentario