martes, 8 de marzo de 2022

Día de Rosalía de Castro 2022

Durante a última semana completa de febreiro, xusto antes do Entroido, puidemos festexar (e con grandísimos honores!) o Día de Rosalía de Castro, que se conmemora cada 23 de febreiro, data de nacemento da autora.

Para tan importante efeméride enchemos o Chamoso Lamas de actividades: desde a elaboración dunha revista conmemorativa ─na que alumnado de case todos os niveis puxo o seu gran de area─ ata un recital poético-musical, que tivo lugar na biblioteca, e no que estudantes, profesores/as e persoal non docente declamaron algúns dos versos rosalianos máis emblemáticos.











Semana d@s namorad@s: papiroflexia e karaoke!

Durante a semana do 14 de febreiro celebramos na nosa biblioteca unha manchea de actividades, todas elas relacionadas co amor 💕.

Unha das máis innovadoras foi o obradoiro de papiroflexia, no que estudantes e profes puidemos aprender como elaborar unhas caixiñas moi xeitosas con motivos amorosos, ben fosen para sorprender a unha persoa especial... Ou ben para autorregalarnos a nós mesmos/as!


 



Ademais, durante toda esa semana tivemos un karaoke de San Valentín nos recreos, onde alumnado e profesorado interpretaron unha coidada selección de cancións románticas, moi axeitadas para a época 😉, e cun acompañamento de luxo ao piano.







11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Velaquí vos deixamos unha imaxe do material elaborado para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia!



mércores, 2 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022

O pasado 30 de xaneiro foi o Día da Paz, e desde o IES Manuel Chamoso Lamas quixemos celebrar esta data tan sinalada cun taboleiro conmemorativo na entrada do instituto, e outro panel máis no que recollemos o que significa a paz para cada un/unha de nós. Todo sempre coa colaboración do voluntariado da biblioteca!





Ademais, tamén tivemos uns xenerais moi particulares, que luciron uns galóns ben pacíficos... Fixádevos, fixádevos ben...



...e mesmo houbo música para loitar contra as violencias!




martes, 21 de decembro de 2021

NADAL e NOVIDADES

 No Chamoso xa estamos preparados para a celebración do Nadal. Para elo os alumnos, decoraron CDs con distintos motivos destas festas.



Como agasallo deíxanos un montón de Novidades, que podedes levar para ler nas vacacións.


Dende o equipo da biblioteca desexámosvos moi Feliz Nadal e  Próspero Aninovo







luns, 20 de decembro de 2021

DECEMBRO: Dereitos Humanos e Constitución

 O mes comenza coas conmemoracións do aniversario da Constitución o dia 6 e do Día Mundial dos Dereitos humanos o día 10.

As voluntarias da Biblioteca prepararon o panel que loce na entrada do instituto. 






venres, 26 de novembro de 2021

25 N Día contra a violencia de xénero

      Para conmemorar o Día en Contra da Violencia de Xénero levaronse a cabo numerosas actividades.  A continuación podedes ler un pequeño resumo delas:    Concurso de relatos “ Cóntallo á vítima”, no que os alumnos elaboraron cartas de apoio as vítimas.  Esta foi a carta elexida. 


Parabens a María e Elisabeth, gañadora e finalista, que recollen o seu agasallo

As alumnas de 1º de Bac de Literatura Universal crearon este fermoso poema que se expuxo no corredor

Dende a biblioteca e o departamento Economía, coa axuda dos voluntarios. elaborouse un panel  dicindo NON a Violencia de Xénero, onde se recollen as historias das vitimas do ano 2021 en España


Coa colaboración dos titores cada grupo elaborou unha pancarta cun lema en favor da non violencia contra as mulleres. As fotos de cada grupo coa sua pancarta serviron para inagurar o Taboleiro da Igualdade do Chamoso 



O impactante panel da entrada nos recorda que a violencia de xénero tingue de sangue a vida de demasiadas mulleres.


O Departamento de Música  e os seus alumnos crearon unha canción sobre o tema que presentaron nos distintos actos que tiveron lugar o día 25 de novembro, tanto  no Chamoso como no concello, xunto cos outros centros educativos da comarca. 
 
     













xoves, 11 de novembro de 2021

Novidades de Novembro

 Neste mes temos novos exemplares de libros e comics, non  volos perdades!!!

Ademáis bota a andar o Club de Lectura...   



e a  Revista do Chamoso Lamas do curso 2021-2022.  Esperamos a vosa participación!!



martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN no Chamoso

Nesta semana o Instituto transformouse nun escenario de terror, para conmemorar o Samaín, grazas as voluntarias e equipo da biblio



E non vos perdades a historia de E. Allan Poe recreada polos alumnos de Literatura Universal e a súa profesora Paula




venres, 29 de outubro de 2021

Volve a HORA DE LER

 Este curso, a partir do 2 de novembro recuperamos a HORA DE LER .  Serán 40 minutos ao día en horas que van variando cada semana. Desfrutádeos!!!



xoves, 28 de outubro de 2021

"A biblioteca escolar ten a palabra": Entrevista a José Manuel Mouriño

Para contribuír ao obxetivo do lema deste curso, na biblio do Chamoso acondicionamos un novo espazo destinado a entrevistas .  Podedes ver o antes e o despois!



E xa o puxemos en marcha, coa entrevista ao director e guionista José Manuel Mouriño trala presentación do seu documental "José Ángel Valente. Escribir lugar", feita por Aitana, alumna de 2º de Bacharelato.

Esperamos que sexa a primeira de moitas " Entrevistas na Biblio"



luns, 25 de outubro de 2021

24 de Outubro: Día das Bibliotecas Escolares

         Que mellor xeito de conmemorar esta data que poñendo un libro nas mans! 
Ese foi o agasallo que se fixo dende a Biblioteca do Chamoso aos seus  alumnos,  para agradecerlles, ademáis, toda a sua implicación no proxecto de dar máis vida as nosas Bibliotecas.




Neste mes seguimos formando usuarios: boletíns informativos codigos QR e promoción en redes sociais no dorsal dos carnés