martes, 5 de decembro de 2017
MES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Panel na
entrada contra a violencia de xénero, fomentando a educación en contra da
violencia. Gran rosa negra feita con cartulina da que colgan con lazos
vermellos o nome das vitimas do 2017.
martes, 24 de outubro de 2017
CÓNTAME UNHA HISTORIA...
Os alumn@s de 2º da ESO elaboran un relato. A profesora comeza a historia e cada un deles vai engadindo "aventuras" ata rematala.
2º ESO A
2º ESO B
2º ESO A
2º ESO B
COÑECEMOS A BIBLIOTECA CON 1º DA ESO
Coa axuda do noso rato Tobías facemos actividades para coñecer a ubicación dos libros e como atopalos, o sistema de préstamo, entrega de carnés e descubrimos as normas.
1º ESO A
1º ESO B
MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: O NOSO XARDÍN.
O noso xardín en Bibliotecas Escolares
A biblioteca serve para: estudar, facer deberes, consultar o ordenador, facer actividades, ler comics e periódicos...
A biblioteca serve para: estudar, facer deberes, consultar o ordenador, facer actividades, ler comics e periódicos...
sábado, 17 de xuño de 2017
luns, 12 de xuño de 2017
Traballo-Exposición: Os nosos bosques.- MES DO MEDIOAMBIENTE
Traballo-exposición: OS NOSOS BOSQUES, en coordinación co profesor de ética representación de árbores autóctonos e árbores sobre valores. Procura de información sobre eles e os problemas de hoxe que afectan aos nosos montes e especies.
Etiquetas:
MES DO MEDIO AMBIENTE
martes, 6 de xuño de 2017
luns, 15 de maio de 2017
Exposición escritores.- MES DAS LETRAS GALEGAS
Exposición fronte a biblioteca de de todas as fotografías cos escritores das Letras Galegas e grandes letras sobre a data.
Etiquetas:
MES DAS LETRAS GALEGAS
venres, 12 de maio de 2017
mércores, 10 de maio de 2017
xoves, 27 de abril de 2017
Boletín.- MES DO LIBRO
Boletín nº 3 sobre novidades no expositor da biblioteca.
Etiquetas:
BOLETINS,
MES DO LIBRO
mércores, 19 de abril de 2017
Xogamos con libros.- MES DO LIBRO
Participación en: Xogamos con libros, fragmentos de: Marilar Aleixandre, a cabeza da Medusa, Maite Carranza, palabras envenenadas (4º ESO); Ana alcolea, o retrato de Carlota, An Alfaya, a sombra descalza, Fernández Paz, corredores de sombras (3º ESO); Marina Mayoral, quen matou a Inmaculada Silva?, M. Rivera de la Cruz, otra vida para Cristina, Blanca Alvarez, el escritor asesino (2º ESO); Sierra i Fabra, el asesinato de la profesora de lengua e Fernández Paz, as flores radioactivas (1º ESO). A cada curso entregábaselle 4 fragmentos do libro e tiñan que averiguar a orde correspondente e rematar ao mesmo tempo a historia.
domingo, 16 de abril de 2017
Bibliotecas na rúa.- MES DO LIBRO
O noso instituto organizou como todos os anos,o día das bibliotecas na rúa, invitando a participar o instituto nº 1, a biblioteca municipal e centros de primaria con postos de libros para animar a xente a lectura e a facerse socios das distintas bibliotecas. Este curso as lecturas versaron sobre Carlos Casares, e versos de Gloria Fuertes.
martes, 4 de abril de 2017
luns, 3 de abril de 2017
Panel na entrada do IES.- MES DO LIBRO
Panel na entrada do instituto cunhas cometas colgando pequenos libros e co lema: a lectura fainos voar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)