Gran panel na entrada contra a violencia de xénero, fomentando a educación en contra da violencia.
venres, 4 de novembro de 2016
martes, 1 de novembro de 2016
luns, 31 de outubro de 2016
MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.- Actividades de coñecemento
No día das bibliotecas escolares o alumnado de 1º da ESO participou, na propia biblioteca, en actividades de coñecemento desta, como son:
- Actividades da CDU, procura de libros…
- Entrega de carnets de biblioteca para este alumnado.
Etiquetas:
MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
domingo, 30 de outubro de 2016
MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.- Chegan as cegoñas
Chegan as cegoñas cargadas de libros: para fomentar a lectura xuvenil contemporánea e de clásicos, feita para primeiro ciclo da ESO. Cegoñas con paquetes levan neles fragmentos de libros coñecidos polo alumnado e títulos con autores. O alumnado a través da lectura en alto para toda a clase ten que buscar nunha lista aportada pola coordinadora da biblioteca o título e o autor. Premio para a parella que conseguirá acertar máis títulos.
Etiquetas:
MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
xoves, 27 de outubro de 2016
MES DA BIBLIOTECAS ESCOLARES.- Panel do xadín da Biblioteca
Panel, ao lado do xardín da biblioteca, con grandes letras da celebración do mes e anuncios sobre a función da biblioteca. Esculturas de libros no noso xardín feitas para todo o curso, colgando sobre elas carátulas de libros de alumnado de 4º da ESO.
Etiquetas:
MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
martes, 25 de outubro de 2016
MES DAS BILIOTECAS ESCOLARES.- Panel Arte
Panel adicado á arte, onde se informa de todas as exposicións importantes en toda España e información sobre actividades artísticas representativas. Durante o curso fará o alumnado actividades relacionadas con este tema.
Etiquetas:
MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
domingo, 9 de outubro de 2016
MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.- Panel Informativo
Panel informativo no vestíbulo do instituto sobre as bibliotecas escolares con carátulas de libros e cigoñas feitas polo alumnado.
Etiquetas:
MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
luns, 27 de xuño de 2016
CARÁTULAS LIBROS 2º ESO
En coordinación co departamento de Historia o alumnado de 2º da ESO elaborou unha customización sobre cadros famosos do renacemento e o barroco.
CARÁTULAS LIBROS 4º ESO
En coordinación co departamento de Historia o alumnado de 4º da ESO fixo carátulas de libros sobre 2ª GM, Nazismo e fascismo e Guerra Fría nos que se inventaban o argumento e o escritor@
xoves, 23 de xuño de 2016
MES DO MEDIO AMBIENTE.- Abecedario
Abecedario sobre medio ambiente feito polo alumnado de 2º da ESO.
Etiquetas:
MES DO MEDIO AMBIENTE
mércores, 22 de xuño de 2016
luns, 13 de xuño de 2016
MES DO MEDIO AMBIENTE.- O noso xardín
O noso Xardín: escultura feita con libros das que saen volvoretas Escultura sobre un libro con paxaros.
Etiquetas:
MES DO MEDIO AMBIENTE
domingo, 22 de maio de 2016
MES DAS LETRAS GALEGAS.- O noso xardín
O Noso Xardín: colgados na árbore letras ( mes das letras galegas) coas caras de distintos premiados. No taboleiro detrás todos os premiados das letras en miniatura.
Etiquetas:
MES DAS LETRAS GALEGAS
mércores, 18 de maio de 2016
venres, 6 de maio de 2016
XOGO: ADIVIÑA, ADIVIÑANZA
Panel na galería cun xogo para ESO e bacharelato: fragmentos de libros de Cervantes e Shakespeare que teñen que relacionar cunha lista de títulos.
domingo, 1 de maio de 2016
MES DO LIBRO.- O noso xardín
O NOSO XARDÍN: flores e libros florecen en Abril. Portadas de libros celebrando 400 anos de Cervantes, Shakespeare, 100 anos de Cela e 150 de Valle Inclán.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)