xoves, 20 de decembro de 2012

PREMIO RELATOS DE TERROR.- SAMAÍN 2012

Francisco Javier Ramallo gañou o premio de Relatos de Terror organizados para o Samín (Novembro de 2012)

mércores, 12 de decembro de 2012

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Este curso adicamos este mes de Decembro dos Dereitos Humanos e tema dos NENOS SOLDADO con exposicións, cómics, revistas artigos e cuestionarios sobre o exposto para que poidan traballar as distintas materias. Deste xeito o noso alumnado coñeceré ese drama outros países, outros mundos onde os nenos non disfrutan da súa infancia.


martes, 13 de novembro de 2012

MES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

SEMANA DO 5 Ó 9 DE NOVEMBRO
  • Visionado de películas:
1º, 2º ESO : No sin mi hija
3º ESO: Sólo mía
4º ESO: Te doy mis ojos
Bacharelatos , Formación Profesional e PCPI: Celos
ESO Adultos: Solo mía 
  • Exposición sobre o maltrato feminio a nivel mundial
SEMANA DO 12 Ó 16 DE NOVEMBRO
  • Charlas sobre a iguladade para toda a ESO. Cruz Vermella.
  • Murais sobre as películas visionadas. Bacharelato.
  • Exposición de murais feitos polo alumnado.
 SEMANA DO 19 Ó 23 DE NOVEMBRO
  • Exposición de  fotos voluntarias dos alumnos co slogan sobre a violencia de xénero.
  • Campaña do lazo branco: o venres 23 de Novembro fíxose a campaña do lazo branco, no que un grupo de alumnas ofrecían ós profesores e alumnos un lazo branco; o lazo branco coa cor da paz adoptada como símbolo, representa o compromiso público dos homes que o portan de non exercer violencia contra as mulleres, non permitir que outros o fagan, e non permanecer en silencio fronte ó problema.
  

xoves, 8 de novembro de 2012

CELEBRANDO E COÑECENDO A BIBLIOTECA

Actividade e xogos con alumnos da ESO para coñecer o funcionamento da Biblioteca.
A visita dos pais á Biblioteca para animalos a facerse socios e promocionar a lectura na casa como complemento do centro escolar.
Na nosa Biblioteca non só collemos libros, películas ou CDs de música, tamén estudamos, consultamos en Internet, lemos prensa e cómics, facemos deberes, usamos os diccionarios, ...

mércores, 7 de novembro de 2012

CELEBRANDO O SAMAÍN.- 2012

Celebramos o Samín con decoración de medo polo instituto e cun boletín de novidades de misterio e terror.

AS NOSAS FOTOS


O NOSO BOLETÍN "MÁIS NEGRO"

venres, 8 de xuño de 2012

O MES DO MEDIO AMBIENTE

Exposición feita polo noso compañeiro Barbeito do departamento de Bioloxía e Xeoloxía para o día do medio ambiente que trata sobre as plantas medicinais desta zona, cunha explicación de cada planta que está previamente secada e pegada nun folio.

venres, 1 de xuño de 2012

EXPOSICIÓN ARTE E ANIMAIS

O artista Svjetlan Jurakovic gañador do primeiro premio de Libro Infatil e Xuvenil, mellor editado no ano 2007 deleitanos cunha caracterización animalística de personaxes e obras representativos da Historia da Arte, recollendo en cada animal algunha característica física, psicolóxica ou moral.

BOLETÍN LETRAS GALEGAS 2012

CELBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS: PAZ ANDRADE.- 2012

Recordamos a Paz Andrade no mes das Letras Galegas cun gran panel no vestíbulo da entrada do instituto e traballos feitos polos alumnos que se amosaron en distintas partes do centro, complentando traballos feitos por Normalización Lingüística como foron os marcapáxinas e carteis feitos por nenos de primaria.

venres, 11 de maio de 2012

UN PASEO CON CUNQUEIRO

COÑECENDO A DICKENS

BOLETÍN MES DO LIBRO

"VIDRIEIRA" EN ABRIL, LIBROS MIL

"Vidrieira" con flores e follas primaverais en distintas ventás do Instituto feitas polo alumnado da ESO collendo fragmentos dos libros que están lendo na Hora de Ler.

TODOS SOMOS IGUAIS, TODOS SOMOS DIFERENTES

Selección de fotos de alumnado da ESO para promover a campaña de igualdade.

GAÑADORA RELATO OLIVER TWIST

Andrea Fereirós (2º ESO) "Serxio, o neno orfo"

MES DO LIBRO

Celebramos o bicentenario de Charles Dickens e o centenario de Álvaro Cunqueiro, para iso fixemos un concurso de relatos basándonos no libro de Oliver Twist pero adaptado ós tempos de hoxe.
Elaboramos unha "cristaleira" de flores e follas con fragmentos de libros da Hora de ler que se colocaron nas ventás das clases da ESO e nos pasillos, e na biblioteca.
Tamén fixemos un Boletín con Novidades e con libros dos escritores anteriormente mencionados.