E rematamos este tan extraño curso 2019-2020 cos últimos carteis que nos chegaron cos vosos eslogans sobre a BIODIVERSIDADE
Claudia e Anne de 2º A prepararon este fermoso cartel
Manuel Panadeiros de 2º A fainos esta proposta de cartel
Os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bac de Adultos, fixeron un poster de unha especie endemica de Galicia cun eslogan sobre a importancia da Biodiversidade
Xa sabedes que este ano o día mundial do Medio Ambiente vai dedicado a BIODIVERSIDADE.
No seu mantemento é fundamental coidar e protexer as especies características e propias de cada zona, endémicas, e para logralo o primeiro paso e coñecelas. Por eso os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bac prepararon fichas sobre algunhas das especies endémicas de Galicia que podedes ver no seguinte vídeo
Moitas grazas a todos os alumnos participantes, e a sua profesora Olga
Nos seguintes vídeos os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO, nos explican que son e que debemos facer para acadar os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
Prestade moita atención, porque de nos depende o mundo no que queremos vivir.
Hoxe é o día Mundial do Medio Ambiente e queremos compartir con todos vós os carteis co eslogan adicado a BIODIVERSIDADE, que xa nos chegaron:
Este é o proposto por Samuel Banga de 1ºA
Aquí tedes o traballo de Elisabeth Rodríguez de 3º B
Este é o cartel que nos presenta Uxía Lorenzo de 2ºA
Aquí vedes a idea de Adrián Bernárdez de 1º B
Ademais da xa presentada dos ODS, temos outras dúas actividades que se están a desenvolver no centro por parte do departamento de Bioloxía:
O alumnado de 4º ESO da materia de Cultura Científica, elaborou un glosario de termos con vocabulario relacionado co Medio Ambiente e xa temos aquí o resultado en forma de vídeo:
Por último, o alumnado de 1º BACH da materia de Bioloxía e Xeoloxía vai facer unhas fichas con especies endémicas de Galicia... Neste mes agardamos ensinarvos o seu traballo. Moitísimas grazas a todos pola vosa participación!
O 25 de setembro de
2015, 193 países comprometímonos cos 17 OBXECTIVOS
DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE das Nacións Unidas e o seu cumprimiento para o ano 2030.
Estes obxectivos
persiguen a igualdade entre PERSOAS, protexer o PLANETAe asegurar a PROSPERIDADE,
como parte dunha nova
axenda de desenvolvemento sustentable.
As bibliotecas escolares están comprometidas coa Axenda 2030, xa
que traballan a prol dunha educación de calidade (Obxectivo 4), na protección e
salvagarda do patrimonio cultural (Obxectivo 11) e promoven a inclusión do
acceso á información e ás tecnoloxías da información e comunicación (Obxectivos
5, 9, 16, 17).
Nas actividades dedicadas en Xuño ao Medio Ambiente, este ano, queremos facelo tamén través dos ODS da Axenda 2030 xa que dentro destes Obxectivos, aproximadamente a metade teñen o seu foco en aspectos ambientais ou abordan a sostenibilidade dos recursos naturais.
En concreto, cinco deles están directa e íntegramente ligados ao aspecto ambiental: os Obxectivos sobre auga limpa e saneamento, produción e consumo responsables, acción polo clima, a vida submarina e a vida de ecosistemas terrestres (6, 12, 13, 14 y 15).
Os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO e a sua profesora Olga, están elaborando unha actividade sobre os ODS. O resultado o poderedes ver, como sempre, aquí, no Burato de Tobías!!!.