OS MAIOS
Este ano o noso centro ía
participar xunto con outros centros educativos da comarca nunha actividade
relacionado cos maios…
E esta é
outra actividade máis que debido o confinamento polo coronavirus, non foi posible
levar a cabo.
A profesora encargada da biblioteca Paula Castro, na sua casa, esta fin de
semana fixo unha actividade en familia e “construíron” un maio en miniatura
con materiais que tiñan no xardín e na casa.
Aquí vos deixa algunas
fotos de como o fixeron e o resultado final. Espera que vos guste!
E agora, dende a
Biblioteca Escolar e coa colaboración doutros departamentos, propoñémosvos as seguintes actividades:
1. Para os de 1º e 2º ESO: Construir un maio caseiro, pode ser en familia ou de xeito individual, pode ser tradicional ou podedes facelo usando calqueira material que teñades por casa…
2. Para os de 3º e 4º ESO: Facer unhas coplas para os maios, xa que todo maio debe ir acompañado da súa tradicional copla!
Podedes buscar na rede
información sobre os maios que vos axude a facer a actividade.
Subiremos as vosas creaciónsao
blog a medida que as vaiamos recibindo.
Para entregar a actividade:
• Os de 1º e 2º ESO, enviaredes unha foto na que saiades vós (se tedes firmada a autorización para publicar as vosas fotos) e o voso maio.
• Os de 3º e 4º ESO, podedes enviar un documento ou foto da copla, pero moito mellor se vos animades a facer un pequeño vídeo ou audio (menos dun minuto) no que recitedes a copla.
• Todos debedes incluir no correo o voso nome, apelidos e curso.
• Os envíos se farán ao correo da biblioteca: tobiasbiblioteca@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario