mércores, 29 de maio de 2013

MES DE MAIO Panel das Letas Galegas

Conmemoramos o Día das Letras cun panel adicado a Roberto Vidal Bolaño e referencias o resto dos escritores das Letras.

MAIO MES DAS LETRAS GALEGAS

Exposición sobre todos os que homenaxearon no Día das Letras Galegas.

ABRIL MES DO LIBRO: Boletín Mes do Libro

venres, 24 de maio de 2013

ABRIL Obradoiro de deseño gráfico e exposicións de cómics


Durante o mes de abril e dúas primeiras semanas de maio organizouse un obradoiro de deseño gráfico dirixido por Diego Reboredo Prado no que participaron o alumnado que quixo. O mesmo tempo organizamos unha exposición de cómics.


ABRIL MES DO LIBRO: Festival de Cantares Gallegos e Entrega de premios do Concurso de Fragmentos

A Bilioteca xunto con Normalización Lingüístisca partipando o mesmo tempo todos os departamentos de linguas, organizaron un festival collendo como base os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro para celebrar o seu 150 aniversario. Cunha selección feita por Normalización, recitáronse e dramatizáronse poesías nos seguintes idiomas: castelán, galego, euskera, catalán, latín, grego, inglés, francés, alemán, italiano, brasileiro e esperanto.
Neste festival entregáronse os premios polos fragmentos que o longo do mes de abril escolleron o alumnado das distintas clases da ESO.


ABRIL MES DO LIBRO: Biblioteca na Rúa

A través da Biblioteca do Chamoso convocouse a outras bibliotecas de Carballiño para poñer postos de libros na rúa e animar ó pobo para facerse socio das distintas bibliotecas. O mesmo tempo, un grupo de alumnos lía fragmentos de autores representativos da literatura universal, intercalado cunha actuación dun grupo de música medieval. TODO UN ÉXITO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

mércores, 22 de maio de 2013

ABRIL MES DO LIBRO: Concurso de fragmentos de libros e cristaleira

Elección de fragmentos polo alumnado da ESO de narrativa, poesía e teatro para participar nun concurso por clase. O mesmo tempo esos fragmentos escrbíanos sobre nubes que se colocaron formando unha cristaleira.





ABRIL MES DO LIBRO: Paneis de flores

Paneis de flores con pétalos feitas con fragmentos dos libros que o alumnado da ESO está usando na Hora de Ler.


 

MARZO MES DA MULLER: Exposición fotografías de Chema Madoz sobre o traballo invisible.

Sobre esta exposición de Chema Madoz e o panel da entrada elaborouse unha enquisa entre o alumnado para avaliar o traballo do fogar nas súas casas, quedando demostrado que un 70% deste traballo correspondía ás mulleres.


MARZO MES DA MULLER: O traballo invisible



Este ano adicamos o mes da muller ó traballo invisible de todas as mulleres que de unha maneira silenciosa a través da historia desenvolveron tarefas no fogar sen ser recoñecidas.

PREMIO CARTA DE AMOR: MES DOS NAMORADOS

A alumna de 3º da ESO Lucía España gañou o concurso de Cartas de Amor, organizado pola Biblioteca no mes de febreiro relacionado cos namorados.