martes, 25 de maio de 2021

MAIO: Exposicións no Chamoso

 Estos días podedes disfrutar nos corredores do Chamoso dos resultados do traballo de varios compañeiros

Na entrada temos a representación de Romeo e Xulieta feita polos alumnos de Literatura Universal de 1º de Bac e a sua profesora Paula 
No corredor podedes ver a exposición sobre o ADN feita polos alumnos de Bioloxia e Xeoloxía de 1º de Bac e a su profe María






luns, 17 de maio de 2021

17 de Maio: Día das Letras Galegas

 Este 17 de maio celebrouse o día das letras na honra da escritora, poeta e tradutora Xela Arias.

Os alumnos de F.P. Básica dedicarónlle o panel que podedes ver na entrada do Chamoso


Os alumnos de 4º de ESO participaron nun concurso de videopoemas de Xela Arias. 
Velaíqui tedes o videopoema ganador


Pero non vos perdades o resto deles. Todos están xenial!









Moitas grazas pola vosa participación!!!

martes, 11 de maio de 2021

Que sabemos do COVID 19?

 Os alumnos de Cultura Científica de 4º de ESO coa axuda da sua profesora Marta prepararon esta fantástica exposición onde se recollen todos os coñecementos que temos do coronavirus, a enfermidade que produce, e como loitar contra ela .

Non perdades de visitala no punto de información do corredor!!!!


martes, 4 de maio de 2021

Exposición "Experimenta en feminino"

Do día 3 ao 15 de maio, no corredores e outras zonas do Chamoso, poderemos disfrutar da exposición itinerante da Universidade de Vigo "Experimenta en feminino". 

Nela veremos as biografías de 15 mulleres científicas, tecnólogas ou enxeñeiras que fixeron importantes contribucións nos seus eidos e que non sempre foron adecuadamente valoradas.

Non perdades a oportunidade de coñecelas!!!


A continuación tedes enlaces relacionados e a lista completa das 15 protagonistas: 

  •  Concepcion Llaguno: Tecnóloga dos alimentos. Recibiu o Premio Muller Progresista e foi socia de honra da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas”
  • Mileva Marić: Física. Colabora sempre cos demais, pero recoñece o teu mérito
  • Linda B. Buck: Psicóloga e bióloga. Como muller na ciencia, espero sinceramente que o recibimento do Premio Nobel sirva de mensaxe para as mozas de calquera parte do mundo, que saiban que teñen as portas abertas e que lles sirva de estímulo para cumprir os seus soños
  • Ada Lovelace: Programadora. A imaxinación é a facultade do descubrimento, preminentemente. É o que penetra nos mundos nunca vistos ao noso redor, os mundos da ciencia
  • Frances Arnold: Enxeñeira química. A ciencia, como todos os esforzos humanos, é evolutiva. Construímos agregando e recombinando o que xa está alí
  • Elsie Widdowson: Química e nutricionista. A nutricionista que lle plantou cara á desnutrición: desde a segunda guerra mundial á fame negra de África nos anos oitenta
  • Isabel Zendal: Enfermeira. A enfermeira que erradicou a variola en medio mundo
  • Margarita Salas: Bioquímica. Un país sen investigación é un país sen desenvolvemento
  • Antonia Ferrín: Astrónoma.  Simplemente, unha científica indescriptible
  • María José Núñez: Química industrial e farmacéutica. Desde nena quixen entender o porqué das cousas
  • Tarsy Carballas: Farmacéutica e química. A mentalidade masculina apenas cambiou desde que estudabamos separados
  • Esther Lederberg : Microbiológa.Podes comezar en calquera momento, aínda que che leve toda a vida facelo ben
  • Eva Crane: Física e pioneira na apicultura. Non me atraían as abellas, son científica e quería saber como funcionaban
  • Teresa Toral: Química e farmacéutica.A mestra que como alquimista, ensinou físicoquímica, coñece as texturas e sutileza.


CREAcción Día do Libro: “Roteiro pola Vilamorta de Emilia Pardo Bazán”

 Seguindo o rumbo marcado polas  Xeografías Lectoras, lema deste ano para as Bibliotecas Escolares de Galicia, no noso centro propuxémonos percorrer a nosa propia xeografía, é dicir, a nosa propia vila, cunha mirada nova… A idea naceu cando o Concello do Carballiño decidiu reeditar o libro de Emilia Pardo Bazán “El cisne de Vilamorta” e regalou ao noso centro varios exemplares do libro.  Neste libro Emilia Pardo Bazán, convertiu a O Carballiño en “a Vilamorta”.  

Foi o alumnado de 4º ESO o elexido para facer a homenaxe a Emilia Pardo Bazán cun roteiro no que o venres 23 de Abril, Día do Libro, percorrimos os distintos lugares que aparecen na novela, e limos fragmentos do libro.

Despois recollimos todo o traballo feito no seguinte vídeo, que, por fin, temos editado.

Agardamos que vos guste!