venres, 29 de outubro de 2021

Volve a HORA DE LER

 Este curso, a partir do 2 de novembro recuperamos a HORA DE LER .  Serán 40 minutos ao día en horas que van variando cada semana. Desfrutádeos!!!



xoves, 28 de outubro de 2021

"A biblioteca escolar ten a palabra": Entrevista a José Manuel Mouriño

Para contribuír ao obxetivo do lema deste curso, na biblio do Chamoso acondicionamos un novo espazo destinado a entrevistas .  Podedes ver o antes e o despois!



E xa o puxemos en marcha, coa entrevista ao director e guionista José Manuel Mouriño trala presentación do seu documental "José Ángel Valente. Escribir lugar", feita por Aitana, alumna de 2º de Bacharelato.

Esperamos que sexa a primeira de moitas " Entrevistas na Biblio"



luns, 25 de outubro de 2021

24 de Outubro: Día das Bibliotecas Escolares

         Que mellor xeito de conmemorar esta data que poñendo un libro nas mans! 
Ese foi o agasallo que se fixo dende a Biblioteca do Chamoso aos seus  alumnos,  para agradecerlles, ademáis, toda a sua implicación no proxecto de dar máis vida as nosas Bibliotecas.




Neste mes seguimos formando usuarios: boletíns informativos codigos QR e promoción en redes sociais no dorsal dos carnés






 

martes, 19 de outubro de 2021

15 de Outubro: Día das escritoras

 Para conmemorar a data, a comunidades educativa  do Chamoso fixo unha escolma e lectura de  libros de escritoras "máis aló das fronteiras".


  





venres, 15 de outubro de 2021

Documental "José Ángel Valente. Escribir lugar" da man de José Manuel Mouriño

O vindeiro martes 19 de outubro, o director e guionista José Manuel Mouriño presentará o documental "José Ángel Valente. Escribir lugar" achegándolle este poeta ao alumnado de 2°de bacharelato. 

A actividade está organizada polos departamentos de lingua castelá e galega, música e filosofía en coordinación coa biblioteca.



mércores, 13 de outubro de 2021

Busca do tesouro na Biblio

 

 O alumnado de 1º de ESO, coa axuda das alumnas de Literatura Universal de 1º de BAC,  protagonizaron unha busca do tesouro como actividade lúdica de formación de usuarios


 





O novos expertos na biblioteca tiveron a sua recompensa!!!



martes, 5 de outubro de 2021

Semana do voluntariado

 Neste curso que empezamos son moitos os xeitos nos que os alumnos van a participar nas actividades da biblio!

Recordade que precisamos a vosa colaboración como voluntarios


Recibiredes o voso merecido título, como as alumnas do curso pasado  que este ano pasarán a ser as formadoras das seguintes xeracións




Nas actividades extraescolares dos mércores,  haberá un grupo de VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA dirixido po María, que comenzaron preparando un precioso panel de benvida ao curso en forma de táboa periódica