luns, 5 de decembro de 2016

Exposición sobre refuxiados.- MES DOS DEREITOS HUMANOS

Para non olvidar o drama dos refuxiados o departamento de Xeografía e Historia xunto coa Biblioteca organizamos unha exposición feita polo alumnado de 4º da ESO. Cada parella de alumn@s sobre un material en concreto: chaleco e flotador salvavidas, pantalóns, mantas, camisetas, manta de nenos, xersei, mochila… respostaban as preguntas (quen veñen?, por que veñen?, que dereitos teñen?, quen os axuda?, como veñen?, onde os metemos?, que debemos esixir ás autoridades?, que podemos facer?). Para ambientar estes feitos puxemos unha praia, unha barca con obxectos esparcidos e maniquíes que mostraban o drama das mortes así como unha gran sábana co lema ” Os seus Dereitos son o noso Naufraxio”

Ningún comentario:

Publicar un comentario