Coñece a nosa Biblioteca

domingo, 30 de outubro de 2016

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.- Chegan as cegoñas

Chegan as cegoñas cargadas de libros: para fomentar a lectura xuvenil contemporánea e de clásicos, feita para primeiro ciclo da ESO. Cegoñas con paquetes levan neles fragmentos de libros coñecidos polo alumnado e títulos con autores. O alumnado a través da lectura en alto para toda a clase ten que buscar nunha lista aportada pola coordinadora da biblioteca o título e o autor. Premio para a parella que conseguirá acertar máis títulos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario