mércores, 14 de maio de 2014

MES DE MAIO.- Letras Galegas

  • Letras Galegas 2014
O homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas é Xosé María Díaz Castro, para máis información deste escritor facede clic na páxina http://www.diadasletrasgalegas.com
  • Taboleiro na entrada do Chamoso Lamas 
Celebramos as Letras Galegas con todos os escritores homenaxeados neste día.
  • O Xardín de Maio
Flores autóctonas de Galicia e lectura dos escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas
  • Homenaxe ás Letras Galegas
A coordinadora da Biblioteca (xunto con normalización lingüística) fixo un equipo de pintores para celebrar as Letras Galegas onde se debuxaron caricaturas dos homenaxeados nas letras e palabras escollidas polo noso alumnado e profesorado.
Grazas a todos os participantes: Alex, María e Yeray de 4º da ESO, Ángel de 2º da ESO e alumnos do Club Lector: Sara (1º), Jenni, Alejandra, Alba, Andrea (2º) e Sara, Carla, Lucía, Cristina de 3º xunto coas profesoras Mª José, Remedios e Maita (coordinadora), tamén o noso director partcipou como fotógrafo.
  • Obradoiro de deseño gráfico
No mes de Maio e Xuño a Biblioteca organizou xunto co Departamento de Filosofía un obradoiro de deseño gráfico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario