luns, 17 de xuño de 2019

XUÑO - MES DO MEDIO AMBIENTE



BOLETÍN DE VERÁN

Estas son as novidades para este verán. Desfrútaas!!




PANEL NA ENTRADA DO INSTITUTO
Denunciamos o grave problema da contaminación que está a sufrir o Planeta Terra.



EXPOSICIÓNS


O noso Xardín: traballos de 3º ESO sobre medio ambiente.





Exposición sobre medio ambiente diante da biblioteca feita polos alumnos de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2º de BAC. 




Mural: le unha mensaxe do planeta terra, sobre cucuruchos de papel o alumnado de 2º da ESO deixa mensaxes sobre problemas do medio ambiente e contaminación.





Traballo-exposición: Problemas no medio ambiente. Nas escaleiras mensaxes sobre medio ambiente elaborado polo alumnado de 2º da ESO.




Pingas sobre problemas de medio ambiente, feito polo alumnado de 2º da ESO.




Manifestación no patio do instituto  en forma de planeta, de todo o centro escolar co lema: "coida o teu planeta é o único que tés", para denunciar os problemas do medio ambiente e lectura por rapaces/as de mensaxes dos problemas do medio.







luns, 3 de xuño de 2019

MAIO - MES DAS LETRAS GALEGAS

Resultado de imagen de LETRAS GALEGAS

* Panel na entrada do instituto sobre Antón Fraguas con biografía e libros do autor.




* O Noso Xardín: LETRAS GALEGAS feitas coas caras de escritores e escritoras que obtiveron o premio e fotos pequeñas de todos os autores/as.


* CUESTIONARIO, para todo o alumnado, sobre Antón Fraguas, baseado nos carteis mandados pola Consellería.



OUTRAS EXPOSICIÓNS SOBRE AS LETRAS GALEGAS
* Exposición  xunto a biblioteca de de tod@s @s escritores das Letras.
* Expositor con libros de escritores das Letras.

luns, 29 de abril de 2019

ABRIL - MES DO LIBRO

ABRIL - MES DO LIBRO

BOLETÍN






* Panel no vestíbulo do instituto con bolboretas saíndo dun libro e voando cara libros pequenos.




* Panel na galería con libros de cartolinas e frases LER para…..



* O noso xardin: co lema: LER prexudica gravemente a ignorancia.



* Frase sobre fiestras: en abril libros mil  das que saen moitos libros.




* Elaboración de frases sobre lectura en cartolinas de cores, feitas polo alumnado de 2º da ESO e colocadas nos chanzos das escaleiras.

 


*AMIGO INVISIBLE: actividade feita entre o profesorado que quiso participar.


*Agasallo de libros para o alumnado colocado diante da biblioteca para que eles collan voluntariamente.






luns, 8 de abril de 2019

MARZO - MES DA MULLER E O ENTROIDO

PANEL DA ENTRADA

Panel no vestíbulo de Entroido e cun gran número 8 e símbolos sobre a muller. 


Globos e decoración de entroido na galería de paso dos distintos pavillóns,  no vestíbulo e na biblioteca. 

EXPOSICIÓNS

1ª Exposición: infografías de mulleres sufraxistas feitas polo alumnado de 4º da ESO.





2ª Exposición:  sobre a discrimación das mulleres no traballo.








3ª Exposición:  Gran cartel reivindicatico sobre a loita pola igualdade ao longo da historia.


4ª Exposición: gran pancarta reivindicativa sobre o 8 de marzo na Galería do Instituto.



5ª Exposición: O noso xardín, no seu taboleiro recordando o día da muller con reivindicacións sobre a igualdade.



ENTROIDO 2019

Concurso e desfile de Entroido no que participan as distintas clases do instituto facendo unha olimpiada de dintintos xogos.
Participación do profesorado como trofeos e xogando ao brilé co equipo gañador do alumnado.



Os alumnos de 1º da ESO deseñaron a "máscara" típica do Carballiño.



Tamén decoramos a biblioteca para celebrar estes días de festa...