luns, 1 de abril de 2019

XANEIRO - MES DA PAZ

PANEL DO VESTÍBULO

Grandes letras coa palabra PAZ sobre folios de cores plisados.

           Resultado de imagen de dia de la paz


EXPOSICIÓNS

- Mural sobre a Paz: gran pomba cos compoñentes sobre a paz: amor, amizade, xustiza, solidariedade…..



- No noso Xardín colocamos distintas palabras PAZ con lemas a favor desta. 




- Elaboración da palabra PAZ no teito da entrada da biblioteca con mandalas feitos polo alumnado de 1º e 2º ESO.


CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

Celebración no salón de actos, co alumnado da ESO, representación das guerras, das ditaduras e a violencia exercida sobre a poboación civil, rematando con vítimas que fan a palabra PAZ, agasallo sobre elas de flores brancas e reproducindo as mesmas o cadro do Guernica.


 

 



Actuación do 3º ESO tocando con frautas a canción Imagine. Alunma de 2º BAC cantando.  




Recital de poesías sobre a paz co alumnado de 1º e 2º da ESO.








luns, 18 de marzo de 2019

DECEMBRO - DEREITOS HUMANOS E NADAL

PANEL DA ENTRADA

BOLETÍN





Árbore de nadal feita con cartolinas e cos dereitos humanos nas súas follas, adornado con flores de pascua.
Tamén decoramos as portas do vestíbulo cos Reis Magos de Oriente.



EXPOSICIÓNS

- Exposición sobre nubes con Dereitos Humanos pintados polo alumnado de 2º da ESO.







- Mural sobre dereitos humanos: un dereito perténceche, non é algo que che den.




- Exposición no xardín da biblioteca con iniciais de dereitos humanos.


CONCURSO
Adornos nas clases e portas de aulas en Nadal. 








BIBLIOTECA
Postos a decorar tamén o fixemos na bilbioteca do centro...