domingo, 22 de maio de 2016

MES DAS LETRAS GALEGAS.- O noso xardín

O Noso Xardín: colgados na árbore letras ( mes das letras galegas) coas caras de distintos premiados. No taboleiro detrás todos os premiados das letras en miniatura.





mércores, 18 de maio de 2016

MES DAS LETRAS GALEGAS.- Exposición

Exposición frente á Biblioteca de fragmentos de obras de Manuel María.



venres, 6 de maio de 2016

EXPOSICIÓN: A VISIÓN DOS PINTORES SOBRE "EL QUIJOTE"

XOGO: ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Panel na galería cun xogo para ESO e bacharelato: fragmentos de libros de Cervantes e Shakespeare que teñen que relacionar cunha lista de títulos.

MES DE ABRIL, MES DO LIBRO

domingo, 1 de maio de 2016

MES DO LIBRO.- O noso xardín

O NOSO XARDÍN: flores e libros florecen en Abril. Portadas de libros celebrando 400 anos de Cervantes, Shakespeare, 100 anos de Cela e 150 de Valle Inclán.

xoves, 28 de abril de 2016

MES DO LIBRO.- Biblioteca na rúa

MES DO LIBRO.- Bibliotecas na rúa

O noso instituto organizou como todos os anos,o día das bibliotecas na rúa, invitando a participar o  instituto nº 1, a biblioteca municipal e centros de primaria con postos de libros para animar a xente a lectura e a facerse socios das distintas bibliotecas. Este curso as lecturas versaron sobre El Quijote, fragmentos de sonetos de Shakespeare, un rap e unha canción basados en poemas de Manuel María.

martes, 26 de abril de 2016

ABRIL.- MES DO LIBRO (Biblioteca na rúa)

BIBLIOTECAS NA RÚA.- Rapeando a Manuel María, Cristian, Brais e Justin

domingo, 3 de abril de 2016

O DÍA DA MULLER NO CONCELLO

Celebrando o día da muller  no concello cos alumnos de 2º da ESO

venres, 1 de abril de 2016

MARZO, MES DA MULLER: O NOSO XARDÍN

O noso xardín: colgados na árbore e no seu taboleiro autorretratos de mulleres ao longo da historia da arte

xoves, 31 de marzo de 2016

MARZO, MES DA MULLER: NO CONCELLO DE CARBALLIÑO

Unha escolma de 9 alumn@s de 2º de ESO participaron, xunto a outros centros, na actividade sobre o día da muller que fixo o Concello, lendo sobre o traballo realizado por eles: valores de muller con paneis para o Concello de Carballiño con siluetas de muller para colocar unha escolma do anterior.

mércores, 23 de marzo de 2016

MARZO, MES DA MULLER: CONCILIACIÓN OU DIFERENCIA

Exposición: conciliación ou diferencia? No corcho para exposicións da biblioteca

venres, 18 de marzo de 2016

MARZO, MES DA MULLER: EXPOSICIÓN

Exposición: valores de muller na galería que comunica os distintos pabellóns.
Traballo en 2º e 3º da ESO: escoller unha muller do entorno e escribir sobre ela os valores máis representativos.

mércores, 16 de marzo de 2016

MARZO, MES DA MULLER: PANEL VESTÍBULO

Panel no vestíbulo: preparando camiños ao longo da historia


domingo, 28 de febreiro de 2016

ANTROIDO

Exposición: a entrada da biblioteca historia do entroido en Galicia –traballo feito por 4º da ESO-  e fotos cos entroidos máis representativos das distintas zonas galegas 
Panel con máscaras representativas do entroido galego e grandes letras de adorno para celebrar o entroido



venres, 19 de febreiro de 2016

MES DOS NAMORADOS: CONCURSO HAIKUS ILISTRADO

Esta actividade na que participaron alumnos de todos niveis, ten como fin promocionar a escritura e tamén promover actividades relacionadas coa imaxinación así como novas formas de poesía.

mércores, 17 de febreiro de 2016

MES DOS NAMORADOS: O XARDÍN DOS NAMORADOS



O noso xardín: dígo ÁMOTE en moitos idiomas, colgados da árbore corazóns con letreiros e a frase en moitos idiomas

venres, 12 de febreiro de 2016

XARDÍN DA PAZ

No Xardín da biblioteca colocamos pombas sobre area e na árbore a palabra paz en moitos idiomas, cunha frase no taboleiro posterior de falemos da paz en todos os idiomas. No mesmo taboleiro están os gañadores do Nobel da Paz.