mércores, 26 de outubro de 2022

OUTUBRO

24 de outubro

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 


Para conmemorar esta data, o Equipo da biblioteca xunto co alumnado voluntario realizou unha serie de actividades. Aquí vos deixamos testemuña delas.

EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA


FORMACIÓN VOLUNTARIOS 



FORMACIÓN ALUMNADO 1º ESO

(coa colaboración dos alumnos de Literatura Universal de Bacharelato)

NA PROCURA DO TESOURO


NOVIDADES DE OUTONO


E todavía nos quedan moitas mais para seguir formando aos nosos usuarios.

Feliz Día das Bibliotecas Escolares







xoves, 20 de outubro de 2022

OUTUBRO - DÍA DAS ESCRITORAS

 DÍA DAS ESCRITORAS

Para conmemorar este día, os alumnos de 1º de Bacharelato de Francés en coordinación coa biblioteca, decidiron dedicarllo á escritora francesa gañadora do

  PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2022

ANNIE ERNAUX









mércores, 12 de outubro de 2022

OUTUBRO- INAUGURACIÓN


ESTAMOS DE VOLTA!! 

Música en directo, doces e zumes, atrezzo e photocall, entrega de diplomas, voluntarios anotándose, e, por suposto, moitas risas. Aquí vos deixamos a testemuña da nosa festa de inauguración 👏👏😘😘



SETEMBRO-OUTUBRO


 PORQUE UNHA IMAXE VALE MAIS QUE...

Aquí vos deixamos o traballo realizado nestes meses de silencio, esperemos que vos guste 😅
   ESTAMOS DE VOLTA 😍



 


domingo, 19 de xuño de 2022


XUÑO 


NOVIDADES PARA AS VACACIÓNS 

Narrativa, cómic, curiosidades, misterio, ...

todo un mundo no que podes mergullarte

ATRÉVESTE?





mércores, 1 de xuño de 2022

 

XUÑO


MES DO MEDIO AMBIENTE

Dende a Biblioteca queremos facer a nosa aportación para celebrar a importancia do cuidado do medio ambiente mediante unhas imaxes da traumática realidade e algunhas accións necesarias para frear esta lacra; por suposto a través dos libros.





NOVIDADES PARA O VERÁN

Xa están chegando as nosas novidades en lectura para pasar un gran verán. 
Narrativa, cómic, libros informativos e máis curiosidades estarán expostas na biblioteca a partires da semana próxima esperando por vós. 
Aquí tendes un adianto.






  

domingo, 29 de maio de 2022

MES DE MAIO

BIBLIOVIOLETAS

Xa temos preparada a nosa zona de IGUALDADE e DIVERSIDADE.

Unha variedade de lecturas e algún xogo que recoñeceredes polo seu adhesivo morado.

Achegádevos a coñecela.




                                                              CAMPAÑA 2 X 1

LIBRO + PELÍCULA: días de primavera de lectura e de cine; aquí tendes unha ampla escolma de pelis e o seu libro de referencia.



                                         


                                         


 

mércores, 25 de maio de 2022

MAIO: LETRAS GALEGAS

 No Chamoso conmemoramos o 17 de maio con diversas actividades.

A rapazada axudou a darlle cor a todos os personaxes e autores que deixaron pegada nas nosas letras. É escribiron a sua verba favorita no noso idioma


No video podedes ver o panel que elaboraron os nosos alumnos sobre a vida e obra do homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán






martes, 3 de maio de 2022

Semana do libro

 Coma tódolos meses de abril no Chamoso choveron libros e actividades para conmemorar o Día do Libro



Os alumnos de 1º de ESO coa sua profesora Paula homenaxearon ao autor do Quixote creando fermosos marcapáxinas, coa sua imaxe vestidos como Cervantes e con frases súas na parte traseira.






Aos alumnos de 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos se lles propuxo un Bookface e os resultados foron espectaculares!!!




Os profes non perdemos a oportunidade de agasallarnos libros, nun divertido "amigo invisible"


E tamén inaguramos o Recuncho de Reme, onde Reme, a mais voráz lectora dos profes do Chamoso, nos  recomendará os seus libros favoritos.






xoves, 24 de marzo de 2022

Día da Poesía 2022

Este pasado 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía, e para celebralo as alumnas de Literatura Universal de 1º de bacharelato estenderon por todo o noso instituto unha novidosa Acción Poética que non deixou a ninguén indiferente 😉. Esta iniciativa inspírase no movemento literario latinoamericano do mesmo nome, no que se sitúan versos en lugares visibles para chamar a atención da xente.

Como podedes apreciar nas seguintes imaxes, a poesía encheu moitos recunchos do Chamoso Lamas!


 










xoves, 17 de marzo de 2022

8M: Día Internacional da Muller

Coma cada ano (e neste 2022 xa cun chisco máis de normalidade), no IES Chamoso Lamas conmemoramos o Día Internacional da Muller, que se celebra cada 8 de marzo.

Nas xornadas previas ao 8M o alumnado colaborou en diversas actividades que permitiron evidenciar a necesidade aínda vixente de reivindicarmos a igualdade de mulleres e homes na sociedade, e visibilizar a figura de moitas mulleres que foron (e son) relevantes no decorrer dos tempos.

Así lucía a entrada ao noso instituto, cunha orixinal creación dedicada ás mulleres:


A nosa rapazada tamén elaborou un manifesto onde expuxo as súas reivindicacións para este 8 de marzo:

Nos corredores que unen os dous principais edificios do noso centro foi onde se situaron a maioría das accións conmemorativas e reivindicativas deste 8M. Entre esas diversas propostas figurou un elaborado repaso pola vida e obra de 8 mulleres de letras tomar, autoras lexendarias da literatura universal que se converteron en símbolo das mulleres que se negaron a aceptar os prexuízos da súa época.

 
 
Tamén se creou un Dicionario 8M, no que se recolleron diversos conceptos clave na loita cara a unha sociedade máis igualitaria e respectuosa coas diferenzas. Ademais, un dos espazos dedicouse á análise dalgunhas contribucións de mulleres relevantes no ámbito da economía.

 

 

 

 

 

 

Ademais, unha liña do tempo situou algúns dos fitos máis relevantes que acadou o feminismo nos últimos dous séculos e medio, tanto a nivel mundial como no eido español e galego.


E, por suposto, a nosa biblioteca tamén se enfeitou cun feixe máis de reivindicacións feministas! Ademais, na sala de profes habilitouse un espazo no que se recolle unha selección de películas para o mes do 8M, que as e os docentes que o desexen poden empregar nas súas aulas.