martes, 27 de abril de 2021

23 de abril, DÍA DO LIBRO

Neste 2021, dende na biblioteca do Chamoso, organizáronse todas estas actividades conmemorativas

- Exposición e Roteiro adicado a escritora galega Emilia Pardo Bazán, no centenario do seu pasamento

No panel de entrada do instituto fíxose unha exposición da sua vida e obra e ao carón deste están os seus libros a disposición de toda a comunidade educativa. 


O  Roteiro literario seguiu os lugares da vila do Carballino reflexados no libro "El cisne de Vilamorta" de Pardo Bazán.  
Os alumnos de 4º da ESO, en cada unha das 8 paradas leron fragmentos destacados da sua obra.



- Entre os docentes, e con un gran éxito de participación e creatividade, fíxose unha actividade de agasallo de libros ao amigo invisible. 



-Ademáis abril chegou con choiva de libros e un fermoso arco da vella, que nos lembra que TODO IRÁ BEN




martes, 13 de abril de 2021

San Valentín: Regala unha palabra

 

O alumnado de 2º ESO, coa profe Yolanda,  crearon tarxetas para agasallarse verbas, polo día  14 de febreiro... Aquí podedes ver como a fixeron a actividade!




martes, 23 de marzo de 2021

Marzo: O mes das matemáticas

 Co gallo do mes das matemáticas nos recreos na Biblioteca vos propoñemos distintos retos. 

Animádevos a participar porque haberá premios para os mellores











Ao lado da Biblio podedes ver unha exposición sobre a importancia das matemáticas en distintos eidos



martes, 16 de marzo de 2021

8 de Marzo. Día Internacional da Muller

 Outro ano maís e aínda que dun xeito un pouco diferente no Chamoso conmemoramos o día da Muller 

Na entrada do Insti este panel recórdanos todos os logro conseguidos polas mulleres. 
Tamén repartimos máscaras moradas para concienciar de que na loita para a igualdade todos estamos xuntos


Os alumnos de 4º da ESO homenaxearon nun lado da figura o traballo dunha muller premio Nobel e do outro lado o dunha muller de Premio nas suas vidas.







martes, 23 de febreiro de 2021

Febreiro: Entroido de Cine

 Este curso o entroido transformou ao Chamoso nun cine. 


Non faltaron os mandatos do meco Tobías 
Nin o photocall!! Así de guapos quedamos nas fotos!



martes, 26 de xaneiro de 2021

Xaneiro: Novidades e Día da Paz

Esta época de chuvia  e volta ao "autoconfinamento" e ideal para empezar un libro. Vide a ver as novidades da Biblio!

O día 30 para  celebrar o día da Paz a pomba trouxonos as suas verbas favoritas.  

Os alumnos de valores de 3º e 4º da ESO fixeron tarxetas co significado de paz para eles. E con esas tarxetas elaborouse este fermoso mural



O lado tendes un panel onde podemos ver como falar da Paz en moitos idiomas





martes, 22 de decembro de 2020

Joyeux Noël

 Os alumnos de 1º de ESO, coa sua profesora Yolanda, nos felicitan o Nadal en francés!



NOVIDADES

 Este ano os Reis adiantaron a sua chegada a Biblio do Chamoso.

Vinde e levade algún destes estupendo libros de lectura para Nadal


E tamén poderedes desfrutar de esta colección de xogos e de videos




martes, 15 de decembro de 2020

Decembro: Nadal e Dereitos Humanos

Xa está chegando o Nadal ao Chamoso!
Ogallá nos traia un novo ano no que podamos esquecer a terrible pandemia que estamos a vivir e nos agasalle con seguir aprendendo xuntos






Neste mes, ademáis,  o día 10 conmemórase o día internacional dos Dereitos Humanos. 
E están no ceo da nosa  Biblioteca








Caligramas

 O alumnado de 2º de Bac está a facer fermosos caligramas con poemas de autores galegas e incluso algún creou o seu propio poema. Fixádevos que ben quedan!!








martes, 24 de novembro de 2020

25N: Día contra a violencia de xénero


O 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero. 
Para reflexionar sobre elo vede este vídeo, feito en colaboración co noso alumnado.



martes, 10 de novembro de 2020

Normas Biblioteca


Neste vídeo,feito pola coordinadora da biblioteca, Paula Castro, tedes un magnífico esquema das novas normas que debemos seguir na sua utilización.

martes, 3 de novembro de 2020

3 de Novembro: Día de Neira Vilas

 A biblioteca do IES Chamoso Lamas tamén se quere unir a iniciativa da Fundación Xosé Neira Vilas animándovos a ler ou reler algunhas das suas obras. 

Están a vosa disposición!!



Letras Galegas 2020: Lendo a CARVALHO CALERO


Como ben sabedes o acto de celebración das Letras Galegas 2020 adicadas a Carvalho Calero fora aprazado do 17 de maio ata agora...e acaba de ser suspendido. Pero nos vamos a homenaxealo igualmente lendo as suas poesías 

Podedes ver os vídeos desas lecturas no noso instagram @tobiasbibliochamoso