venres, 24 de abril de 2020

23 de Abril. O DÍA DO LIBRO


Co gallo do día do libro os profes (e algún ex -profe) do Chamoso queren facervos recomendacións lectoras para estes días de confinamento:

María Xosé de Bioloxía recoméndavos, sempre que vos guste, algo de novela negra:
             

E, Paula de Mates leu estes días a primeira parte e vola recomenda, así que se vos gusta a novela negra xa sabedes, comeza de por este:

     


Clara está agora lendo unha novela que di que é ideal para comezar unha nova vida sen parella!!
              

Miguel Pereira propón a lectura da vida de Primo Levi e os seus compañeiros nun campo de concentración alemán, para que non nos queixemos do noso confinamento!!!...
… pero tamén di que onde estea un bo Asterix…

           



Hortensia recomenda "Un cuento perfecto", e... non é iso o que nos gustaría vivir a todos sobre todo nestes días

Marta de Bioloxía está agoralendo un libro que trata un tema moi acorde a estes tempos de “coronavirus” nos que vivimos, nel se fala sobre como mellorar a especie…

                 


Rubén ensínanos  e recoméndanos  desde a súa casa , “Fui asistente del doctor Mengele de Miklós Nyiszli”, que recolle en primeira persoa o vivido por un xudeo no campo de concentración de Auschwitz. Gracias pola foto Rubén!
               


Reme, como grande lectora que é, recomenda dúas lecturas…Con cal vos quedades vós?
               



Carlos de inglés (aínda que este ano non está con nós) envía dende A Coruña a súa recomendación, unha novela de ficción con base histórica,  na Galicia de 1942 mistúrase a resistencia contra o franquismo e a presenza da Alemaña nazi:



Magali envíanos esta recomendación cun significado especial para ela, animádevos, sobre todo se vos gusta a Historia de España: La familia del Prado


Paula de Bioloxía, se vos gustan as historias de romanos e de mulleres poderosas recoméndavos a  seguinte novela:

Yasmín de Inglés  expresanos as suas preferencias "A historia curta é na miña opinión una das maneiras de crear literatura máis difícil que existe e que  exije de gran mestría:  Chejov, escritor ruso de principios de século 20, é un deses xenios que che leva por  micromundos acompañado de personaxes simples e reais. O meu relato favorito: ... imposible de escoller, ... todos".



E os ex-profes do departamento de Bioloxía, Barbeito e Elena fan tamén as súas recomendacións:
Barbeito escolleu esta novela…




…e Elena un libro de lectura fácil e moi entretido para pasar estes días de confinamento:




O día da Muller: Presentación dun vídeo no Concello


O luns 9 de marzo o noso centro participou, xunto con outros centros educativos e institucións. nunha actividade organizada polo Concello de Carballiño para conmemorar o Día da Muller.
Ali presentamos o seguinte vídeo no que mostramos unha exposición que tivemos no centro e un poema interpretado por alumnas de 3º e 4º da ESO.
Dende a biblioteca queremos mandar un especial agradecemento a Clara pola axuda prestada para a interpretación do poema e a Raúl pola montaxe do vídeo




xoves, 23 de abril de 2020

MARZO- Obradoiros de banda deseñada


Dentro das xornadas de banda deseñada estaban previstos varios obradoiros. Por mor do alerta sanitaria polo Coronavirus só se puido facer o de scrapbooking, a cargo da profesora Isabel, de Latín, que resultou un éxito absoluto.




MARZO: MES DA BANDA DESEÑADA

Neste mes, dende a Biblioteca prentédeuse fomentar o disfrute da lectura a través dos libros en banda deseñada, con varias xornadas, exposicións e talleres.

O expositor de Novidades da Biblioteca encheuse de libros e revistas en banda deseñada en varios idiomas.


Na nova vitrina, figuriñas de superheróes da banda deseñada.


Nos paneis dos corredores personaxes de  inesquecibles, como os protagonistas de Mafalda e varios superheróes



Exposición da historia da banda deseñada, a nivel mundial, español e galego






Outra exposición en paneis






8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Dende a biblioteca do IES Chamoso Lamas traballouse para a conmemoración do día Internacional da Muller con varios paneis e exposicións.



Nesta exposición salientóuse o TRABALLO INVISIBLE feito polas mulleres




Ademáis en MARZO  dentro das xornadas de BANDA DESEÑADA incluíuse a exposición de " Mujer moderna, mujer feliz"  onde se visualizan as dificultades engadidas que deben afrontar as mulleres en clave de humor.





luns, 2 de marzo de 2020

MARZO: Papiroflexia e matemáticas


Nas novas vitrinas da Biblioteca podedes ver unha alucinante colección de figuras (poliedros, estrelas, pendentes..) feitas coa milenaria arte da papiroflexia.





luns, 17 de febreiro de 2020

14 de FEBREIRO- SAN VALENTÍN

Xa chega o mes do amor!!!

Os alumnos fixeron o seu corazón-panel de post it con frases de amor


Ademáis para celébralo o instituto e a biblioteca engalanáronse.








Tamén  houbo intercambio de cartas de amor e sorteo dunha tarta e venta de caraveis en beneficio dos participantes na excursión a Xenebra


11 de FEBREIRO. Día da muller e da nena na Ciencia

Para conmemorar a data fíxose unha exposición de carteis sobre importantes personaxes femininos na historia da ciencia.




Con eles os alumnos do primeiro ciclo da ESO fixeron unha busca e posterior debate acerca do contexto histórico desas científicas, centrándose nos impedimentos e dificultades que atoparon polo  feito de ser mulleres.

luns, 10 de febreiro de 2020

XANEIRO- DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemórase o Día Internacional da Paz, e dende a biblioteca e coa axuda dos titores, os alumnos construíron o seu Muro da Paz. 
Nos ladrillos do muro cada rapaz escribiu o que significaba para el ese ansiado desexo de paz.










Tamén se fixo un panel na entrada, unha exposición da Paz na literatura e se seleccionaron libros sobre Guerra e Paz como propostas de lectura.