venres, 11 de maio de 2012

COÑECENDO A DICKENS

BOLETÍN MES DO LIBRO

"VIDRIEIRA" EN ABRIL, LIBROS MIL

"Vidrieira" con flores e follas primaverais en distintas ventás do Instituto feitas polo alumnado da ESO collendo fragmentos dos libros que están lendo na Hora de Ler.

TODOS SOMOS IGUAIS, TODOS SOMOS DIFERENTES

Selección de fotos de alumnado da ESO para promover a campaña de igualdade.

GAÑADORA RELATO OLIVER TWIST

Andrea Fereirós (2º ESO) "Serxio, o neno orfo"

MES DO LIBRO

Celebramos o bicentenario de Charles Dickens e o centenario de Álvaro Cunqueiro, para iso fixemos un concurso de relatos basándonos no libro de Oliver Twist pero adaptado ós tempos de hoxe.
Elaboramos unha "cristaleira" de flores e follas con fragmentos de libros da Hora de ler que se colocaron nas ventás das clases da ESO e nos pasillos, e na biblioteca.
Tamén fixemos un Boletín con Novidades e con libros dos escritores anteriormente mencionados.

venres, 23 de marzo de 2012

A Pepa

Conmemoramos o bicentenario da Constitución de Cádiz, alcumada a Pepa, por abrirnos as portas cara a liberdade e enterrar o Antigo Réxime. Esta liberdade tivo moitos retrocesos en España, pero serviu para poñer as bases do mundo contemporáneo.

luns, 20 de febreiro de 2012

ENTROIDO.- 2012

O día 17 celebramos unha festa de entroido cunha monografía sobre a Idade Media onde alumnado e profesorado disfrazouse e pasouno estupendamente.

sábado, 18 de febreiro de 2012

MES DO AMOR.- 2012

Regresou a Carteira do Amor, repartindo Cartas de Amor e Amizade que intercambiaron todos os alumnos e alumnas. Tamén fixemos un Concurso de Cartas de Anor que gañou un alumno da ESO: Alejandro Gómez; repartíronse o mesmo tempo caraveis e poemas de amor.

O DÍA DA PAZ.- 2012

Celebramos o día da Paz recordando as mulleres que traballaron pola Paz ao longo da historia nunha exposición visitada e traballada polo alumnado.

venres, 27 de xaneiro de 2012

O CLUB LECTOR: 2º TRIMESTRE

Opina sobre o libro deste trimestre: Otra vida para Cristina

venres, 21 de outubro de 2011

O CLUB LECTOR OPINA

O Club Lector está a ler As flores radioactivas de Agustín fernández Paz

martes, 21 de xuño de 2011

mércores, 1 de xuño de 2011

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS: LOIS PEREIRO



O día 17 de maio celebramos o autor Lois Pereiro.

Somentes

intentaba conseguir

deixar na terra

algo de min que me sobrevivise

sabendo que deberia ter sabido

impedirme a min mesmo

descubrir que só fun un interludio

atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra

inocularlle para sempre a quen amaba

doses letais do amor que envelenaba

a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio

iniciei a viaxe sen retorno

deixándome levar sen resistencia